III CONGRESO CCOO SERVICIOS. Regulamentos nivel I por comarcas
Preme aquí para consultar os regulamentos de nivel I por comarcas
Plenario de Constitución da Coordinadora de CCOO Grupo DIA de Galicia
Con motivo da celebración do Plenario de Constitución da Coordinadora de CCOO Grupo DIA de Galicia no marco do proceso do Plenario Estatal, quedan convocadas as persoas afiliadas á Asemblea que terá lugar en Santiago de Compostela o próximo día 8 de Outubro de 2019 ás 11:00 horas.
Xuntamos normas, candidatura, calendario e Plan de Traballo Estatal.
Calendario e normas III Plenario Sección Sindical CCOO CAIXABANK Galicia
Por acordo das Comisións Executivas da Sección Sindical Estatal de Caixabank e da Agrupación Estatal do Sector Financeiro aprobáronse as normas reguladoras do III Plenario da Sección Sindical Estatal de Caixabank, cuxa celebración terá lugar en Barcelona os días 27 e 28 de novembro de 2019, e que están dispoñibles na ligazón indicada máis abaixo. Ler máis
PLENARIO DE CONSTITUCIÓN SECCIÓN SINDICAL CCOO GRUPO CARREFOUR EN GALICIA - Rectificación de horarios
Con motivo das asembleas provinciais que terán lugar os días 9,10,11 e 12 para o plenario territorial da Sección Sindical de Carrefour Galicia, comunicamos que se rectifican os horarios das asembleas nas diferentes provincias, que serán de: 16:30 a 19:00. Asemade, as candidaturas foron recibido en tempo e forma co cal quedan proclamadas as de todas as provincias que se relacionan:
| Candidatura Provincia de A Coruña: Encabezada por: Asunción Gómez Pose |
Candidatura Provincia de Pontevedra: Encabezada por:: Daniel Ricart Alonso |
| Candidatura Provincia de Ourense: Encabezada por: María Dolores Cid Pérez |
Candidatura Provincia de Lugo Encabezada por: Ana Belen Santos Carreira |
Calendario das diferentes asembleas:
|
|
Data |
Lugar |
Hora |
|
A Coruña |
09/09/2019 |
Avenida de Alfonso Molina Km. 2, Edificio Sindicatos, 4ª planta, A Coruña |
16:30 a 19:00 |
|
Lugo |
10/09/2019 |
Ronda da Muralla, nº 58, Edificio Sindicatos, Bajo , Lugo |
16:30 a 19:00 |
|
Ourense |
11/09/2019 |
Parque de San Lázaro, 12, Edificio Sindicatos, 3ª Planta, Ourense |
16:30 a 19:00 |
|
Pontevedra |
12/09/2019 |
As Teixugueiras, nº 11 – Entreplanta (Polígono de Navia), Vigo |
16:30 a 19:00 |
PLENARIO DE CONSTITUCIÓN SECCIÓN SINDICAL CCOO GRUPO CARREFOUR EN GALICIA
De conformidade co disposto no Regulamento Interno de Seccións Sindicais aprobado polo Consello Federal o 4 de outubro de 2017, e coas Normas do Plenario de Constitución da SSE de CCOO no Grupo Carrefour aprobadas polo Comité Federal na súa reunión do 29/05/2019, a Comisión Executiva da Federación de Servizos de Galicia, en reunión celebrada o 17 de xullo de 2019, aprobou as normas para o desenvolvemento do Plenario de Constitución da Sección Sindical de CCOO Grupo Carrefour en Galicia, as cales se anexan seguinte ligazón:















