Archivado en Comunicado breve, Mujeres e Igualdad, Muller

Reafirmamos o noso compromiso de combater todas as formas de discriminación e violencia contra as mulleres.

Manifestación 6 de Marzo en Santiago, en defensa dos dereitos de igualdade


A SECRETARÍA DE IGUALDADE de UXT e a SECRETARÍA DE MULLER E IGUALDADE de CCOO chamamos á participación das traballadoras e os traballadores e da cidadanía na manifestación que se celebrará en Santiago de Compostela o día 6 de marzo, saíndo as 12 horas da estación do tren, para reiterarmos o noso compromiso coa consecución dunha sociedade máis igualitaria, xusta e democrática. Recoméndase vestir de lila e levar pandeiretas, conchas ou calquera instrumento que poda facer aumentar a nosa visibilidade.