Archivado en Negociacion Colectiva, Comunicados convenio

Asinado convenio comercio alimentación A Coruña, con aumento salarial e redución de xornada


convenio comercio alimentación A Coruña

O pasado dezanove de xullo asinouse o convenio colectivo de comercio alimentación da provincia de A Coruña, cuyos puntos máis importantes son os seguintes:

 


  • Convenio a 4 anos: 2022-2025.
  • Eliminamos o grupo IV, cun grupo III con 4 niveis e promoción automática.
  • Redución da xornada laboral, pasando de 1812 a 1792 horas anuais, mediante a aplicación de 3 sábados libres, un cada cuadrimestre, excepto o mes de decembro.
  • Xornada continua, con compromiso e garantía dunha mínima de xornada continua para o 70% do persoal a tempo completo por tenda.
  • Cláusula de desconexión dixital, para evitar as continuas chamadas de teléfono ou WhatsApp ao saír do centro de traballo.
  • Cláusula de transición dixital, para regular a posible afectación nos postos de traballo da dixitalización e a venda online.
  • Mesa de contratación, para adaptar a Reforma Laboral á contratación existente na empresa.
  • Actualización da lexislación en materia de Xestación.
  • Cláusula de rexistro de valores, para garantir a igualdade de salarios e complementos.
  • Licenzas retribuidas. Mellora no suposto de hospitalización: a licenza poderase iniciar durante calquera dos días que dure a hospitalización, sempre que se comunique coa debida antelación, pódese utilizar de forma fraccionada. Todas as licenzas empezarán o primeiro día laborable tras o feito causante.
  • Incremento Salarial: 2022: 5%, 2023: 4% 2024: 3% 2025: 3%
  • Revisión salarial a IPC Real con tope de: 2022: 2,5%. 2023: 2%, 2024: 1%, 2025 - 1%

 

(*) Se leva 3 anos no nivel 1 pasa ao 2. Se leva 3 anos no nivel 2 pasa ao 3. Se leva 3 anos no nivel 3 pasa ao 4


Á espera da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña adiantamos o texto completo do convenio.