Archivado en Comunicado breve, Sector Financiero, Sector Financeiro

A Sección Sindical de CCOO en Abanca celebra o seu II Plenario Estatal


executiva ccoo abanca

Hoxe venres, vinte e oito de xuño, celebrouse o plenario estatal da sección sindical de Abanca. Despois de catro anos durante os cales se resolveron conflitos tanto a través de solucións negociadas como de mobilizacións, as delegadas e delegados elixiron ás persoas que pasarán a integrar a comisión executiva da sección.

Durante este período leváronse a cabo avances en distintas áreas que favoreceron o desempeño do traballo sindical: Ler máis


  • Colaboración recíproca coa Federación de Servizos e coa Agrupación do Sector Financeiro.

  • Mellora da comunicación interna para optimizar a xestión dos problemas e demandas do persoal

  • Incremento das visitas e o asesoramento nos centros de traballo que permitiu manter o nivel de representatividade a pesar das saídas producidas polos ERE’s.

  • Seguimento e compensación da formación obrigatoria e das promocións internas

  • Xestión da clasificación de oficinas, retribucións asociadas á mesma e reclamacións das incidencias de tipo salarial.

  • Resolución de irregularidades en materia de saúde laboral derivadas do novo modelo de oficina, reformas e traslados.

  • Seguimento continuo e denuncia ante Inspección de Traballo das deficiencias na avaliación de riscos psicosociais e aprobación dun protocolo de violencia externa.

  • Con especial intensidade tratáronse todos os asuntos derivados da área de Igualdade: flexibilidade horaria, reducións de xornada, diagnósticos semestrais, adaptación de obxectivos á xornada realizada, denuncia de brecha salarial, achegamento de traballadoras/es desprazadas/os, seguimento dos novos permisos de nacemento, etc.

  • Negociación do novo acordo de previsión social complementaria.

  • Habilitación de comedores en Barcelona, Madrid, Santiago e Vigo

Este traballo frutificou nas pasadas eleccións do vinte e oito de novembro, nas que a Sección Sindical de Abanca revalidou a súa condición de sindicato maioritario.

A Sección Sindical de Abanca inicia unha nova etapa con apoio unánime á súa secretaria xeral e con ánimos renovados para seguir traballando e loitando polas persoas traballadoras, asumindo os novos retos que veñen, cun equipo cada vez más forte e cohesionado.