Archivado en Nota de prensa, Condiciones de trabajo, Union Intercom. Santiago Barbanza, Comercio Galicia

O sindicato puxo en coñecemento da Dirección da empresa e da autoridade laboral que hai xornadas de ata trece horas, cando o máximo legal son nove

CCOO denuncia «explotacion laboral» no Froiz de Noia


A Federación de Servizos de CCOO de Galicia denuncia «explotación laboral» no supermercado Froiz de Noia, situado na rúa Galicia. O sindicato puxo en coñecemento da Dirección da empresa e da autoridade laboral que se realizan xornadas de ata trece horas, cando o máximo legal son nove.


pdf
print
pmail

CCOO tamén informou do incumprimento dos descansos legais e do tratamento «humillante e vexatorio», que provocan que moitas empregadas sufran cadros «severos» de ansiedade ou mesmo renunciasen ao seu posto de traballo.

A Federación de Servizos «non vai permitir que esta situación continúe» e anuncia concentracións fronte a este centro de traballo «as veces que sexan precisas» ata que a empresa remate con esta situación.

Convocatoria

  • Día: xoves, 8 de febreiro de 2018

  • Hora: 12 h

  • Lugar: diante do Froiz de Noia (rúa Galicia, n.º 26)

  • Asunto: Concentración contra a explotación laboral no supermercado Froiz de Noia