Archivado en Nota de prensa, Condiciones de trabajo, Enxenerías Inspección Técnica

O pacto mellora a política de contratación, reduce a temporalidade e inclúe novidades sociais

Asinado un acordo no CTAG que mellora as condicións respecto do convenio estatal de enxeñarías


O comité de empresa do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), presidido por CCOO, asinou coa dirección un acordo que mellora as condicións laborais en relación co vixente convenio colectivo estatal de enxeñarías. O pacto contou co apoio unánime de todos os integrantes do comité, composto por dez membros de CCOO, cinco independentes e dous da CIG.


pdf
print
pmail
O acordo mellora aspectos como a política de contratación. Por exemplo, as bolsas redúcense a nove meses e os contratos en prácticas melloran salarialmente un 10 %. Ao tempo, 65 contratos temporais converteranse en indefinidos.

En materia salarial, establécese para o 2018 unha suba do 2,75 %, ampliable ata o 5,25 % segundo obxectivos. Para o 2017, acordouse o pagamento retroactivo dun 3 %. Cabe destacar que estas melloras globais non serán absorbidas polas individuais.

No acordo tamén se inclúen as axudas de custo internacionais para os países en que se están prestando servizos. Fíxase unha axuda de alugamento e outra de transporte, cunha duración de máis dun mes.

Por último, mellórase a flexibilidade horaria no verán, así como os permisos de asistencia a revisións médicas ou por hospitalización dun familiar.

O CTAG

O CTAG ten sede na localidade pontevedresa do Porriño e o seu cadro de persoal fórmano máis de seiscentos enxeñeiros e enxeñeiras e técnicos e técnicas. O centro dá soporte ás entidades que integran o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA). As principais áreas de traballo son a innovación electrónica e de materiais, a enxeñaría, o desenvolvemento de procesos, o deseño plástico-metálico. Tamén realiza ensaios e validación de compoñentes de automoción.