Archivado en Comunicado breve, Elecciones sindicales, Union Comarcal Vigo, Enxenerías Inspección Técnica

CCOO Servizos obtén a maioría absoluta no Comité de Empresa de CTAG


ctag
Durante o pasado 17 de Outubro de 2017 celebráronse as eleccións sindicais ao Comité de Empresa de CTAG. CCOO pasou a ser o sindicato maioritario no Comité de Empresa de CTAG obtendo 10 delegados dos 17, pasando dunha representación dun 30,77% a un 58,82%.

CCOO presentou candidatura en ambos os colexios electorais: "Técnicos e administrativos" e "Especialistas e non cualificados", conseguindo 9 delegados de 14 no primeiro e 1 de 3 no segundo. Isto supón ter a maioría absoluta dentro do Comité, posición que asume con responsabilidade dando continuidade ás lineas de traballo e principios que levaron a cabo durante os pasados 8 anos: a unidade sindical dentro do Comité de Empresa de CTAG, a comunicación e a participación de todos os traballadores e traballadoras. 

O Centro Técnológico de Automoción de Galicia (CTAG) sitúase no Porriño, a 30 km de Vigo e desenvolve a súa actividade en traballos de alta especialización tecnolóxica dentro do ámbito da automoción, dando soporte ás empresas do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia. As áreas principais de traballo desenvólvense principalmente arredor da Innovación Electrónica e de Materiais, a Enxeñaría e Desenvolvemento en procesos e Deseño Plástico-Metálico e Ensaios e Validación de compoñentes de automoción.

Desde a sección sindical de CCOO-CTAG e a Agrupación de Servizos Técnicos de CCOO Galicia, queremos agradecer a todo o persoal polo seu apoio nestas eleccións, así como expresar a enorme satisfacción e responsabilidade con que os delegados electos asumen o seu novo papel na xestión da representación sindical dentro da empresa.