Archivado en Empleo, Sector Financiero, ERE, Convocatorias, Unión Comarcal A Coruña, Union Intercom. Santiago Barbanza, Union Comarcal Vigo, Sector Financeiro

INICIO DE MOBILIZACIÓNS CONTRA O ERE: ESPERÁMOSTE

Non ao proceso de Despedimento Colectivo en Banco Popular e en Banco Pastor!!


O próximo día 6 de outubro o Banco citou a toda a Representación Legal dos Traballadores, RLT, para iniciar formalmente o período de consultas que marca o artigo 51 do Estatuto dos Traballadores sobre o DESPEDIMENTO COLECTIVO anunciado. Previsiblemente, na mesma data o Banco presentará oficialmente á autoridade laboral a súa proposta para o DESPEDIMENTO de 3.000 PERSOAS, E A PERDA DE 3.000 POSTOS DE TRABALLO!!!

Previamente, toda a Representación Legal dos Traballadores fixemos propostas de flexibilidade interna durante o período establecido no artigo12 do vixente Convenio Colectivo de Banca para que a presentación deste SALVAXE ERE non se materializase, ao cal a empresa fixo oídos xordos.

Como primeira medida, aproveitando a reivindicación do Día Mundial por un TRABALLO DIGNO E CON DEREITOS, que se celebra esta mesma semana, e dado que a PERDA E DESTRUCCION DE 3.000 POSTOS DE TRABALLO é unha das máximas antíteses desta reivindicación, toda a representación sindical -excepto SEGRUPO- axuntamos forzas e imos mobilizarnos nas manifestacións e concentracións convocadas en todos os territorios para manifestar o noso rexeitamento a este DESPEDIMENTO COLECTIVO.
Máis información:

Desde CCOO instamos a todas as persoas que traballan no Grupo Banco Popular, familias, amigos, etc para que participen nestas mobilizacións. Cantos máis sexamos, mellor.
  • DIA 8 DE OUTUBRO: 12.00 h Concentración diante da OP do B. Pastor en Santiago 
                                 12.30 h. Concentración diante da OP del B. Popular, tamén en Santiago
                                 13.00 h. Asemblea de traballadores na Praza do Toural
  • DIA 13 DE OUTUBRO:  De 18.00 a 19.00 horas Concentración de traballadores e traballadoras na OP do Banco Pastor, Cantón Pequeno, 1 de A Coruña.
  • DIA 20 DE OUTUBRO:  De 18.00 a 19.00 horas. Concentración de traballadores e traballadoras na OP do Banco Popular, c/Policarpo Sanz, 23 de Vigo.