Archivado en Legal, Jornada, Union Comarcal Lugo, Hostalaría

Sentenza contra o peche do Parador de Vilalba en vacacións


sentenza parador vilalba
O 9 de abril do presente ano informabamos sobre unha sentenza favorable para os traballadores do xulgado do social de Lugo, na que se declaraba nulos os calendarios de vacacións impostos pola empresa para o ano 2018 no Parador de Vilalba.

Esta sentenza veu dada pola intención da empresa de pechar o Parador por vacacións e o Conflito Colectivo interposto por CCOO de Lugo. De todos os xeitos a empresa presentou o correspondente recurso e pechou igualmente o Parador por vacacións. Ler máis.


pdf
print
pmail
Nos últimos días recibimos a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que ratifica en todos os seus termos a sentenza do xulgado do social de Lugo e por tanto mantén a nulidade dos calendarios de vacacións.

Neste ano e na negociación dos calendarios para o 2019, a dirección da empresa volve expor o peche por vacacións neste Parador, ao que unha vez máis o persoal a mostrado a súa oposición. Esperamos que esta sentenza de ratificación sirva para que a dirección da empresa retome o tema e se produza no Parador de Vilalba unha negociación das vacacións para o ano 2019 na normalidade e nas condicións que viña facendo até o ano 2018.

Pola representación de CCOO no Comité Intercentros este ano volvemos a expor na Comisión Paritaria nosa oposición en xeral aos peches por vacacións por consideralos negativos en moitos dos casos e que non producen os beneficios que a dirección da empresa di que producen. Esperamos que esta nova dirección teña en conta o que significa Paradores como Empresa Pública e saiba valorar os beneficios que produce un Parador aberto todo o ano máis aló do pequeno beneficio económico que poida producir a curto prazo ao pechalo por vacacións, e que en moitos casos nin sequera existe.

Felicitar aos traballadores e traballadoras de Vilalba por insistir no seu empeño e a todos os que participamos directamente en todo este proceso, desde o Servizo Xurídico de CCOO en Lugo, a Sección Sindical de CCOO en Paradores e por suposto o Delegado de Persoal do Parador.