Archivado en Comunicado breve, Condiciones de trabajo, Union Comarcal Lugo, Union Intercom. Ourense, Hostalaría

Xuntanza de delegadas/os e afiliadas/os de Paradores de Galicia


Paradores

 O pasado luns 5 de xuño tivo lugar nos locais de CCOO en Monforte de Lemos unha reunión de delegados e delegadas de Paradores de Galicia na que participamos a Sección Sindical de Galicia e delegados, delegadas, afiliados e afiliadas dos Paradores das provincias de Lugo e Ourense.

Nesta reunión valoramos o plan de traballo desta Sección Sindical e debatemos sobre os problemas máis importantes que afectan ó persoal destes Paradores de cara a buscar solucións para cada un deles. Segue



pdf
print
pmail

 A conclusión máis importante que sacamos desta reunión é a necesidade que temos todos os traballadores e traballadoras de Paradores de reforzarnos sindicalmente para defender en conxunto os nosos intereses. Neste mundo globalizado é imporante que se globalicen tamén os dereitos que como clase traballadora nos corresponden e iso só se acada estando organizados, para o que entendemos que CCOO é a ferramenta axeitada e necesaria. Nestes momentos nos que se intenta por todos os medios desprestixiar as organizacións sindicais para eliminar a ferramenta que historicamente tivemos a clase traballadora para defendernos, temos que ser máis intelixente e non permitilo. Por isto un dos obxectivos principais que nos marcamos a representación de CCOO en Paradores de Galicia é trasladar ao conxunto dos traballadores e traballadoras a necesidade de afiliarse e organizarse.

Tamén decidimos trasladar á dirección de Recursos Humanos da empresa a través do seu representante na zona norte, os conflitos que nestes momentos ocupan e preocupan a representación de CCOO nos Paradores de Galicia co obxectivo de buscar solucións negociadas en primeira instancia antes de iniciar outras vías de solución.

A Sección Sindical de CCOO de Paradores de Galicia, queremos transmitir a todos os traballadores e traballadoras a nosa intención de seguir traballando na mellora das condicións de traballo para todo o colectivo, comezando pola recuperación de dereitos e condicións de traballo que tanto esforzo custou conseguir e que quedaron no camiño por mor da negociación do ERE.