Archivado en Noticias, Comunicado breve, Empleo, Huelga, ERE, Enxenerías Inspección Técnica, Planificación e Consultorías

CCOO non ve razóns para o ERE, xa que a empresa pública conta con millonarias reservas voluntarias

Folga do persoal de Tragsatec para rexeitar o ERE no Grupo Tragsa - #StopEreTragsa


O persoal de Tragsatec irá á folga mañá martes, 12 de xaneiro, para amosar o seu rexeitamento ao ERE no Grupo Tragsa. CCOO denuncia que a execución do ERE comezou en pleno Nadal, cando, tras recibir o aval do Tribunal Supremo, foron notificados os primeiros despedimentos.

Mediante este despedimento colectivo, Tragsa prevé prescindir de 1.336 traballadores e traballadoras, 117 en Galicia. Isto, malia que a empresa pública ten reservas voluntarias por valor de 261 millóns de euros, critica Comisións, que concitou a unanimidade da oposición política en Galicia contra o ERE.

CCOO denuncia que mentres isto acontece, a empresa segue aboándolles aos seus directivos e mandos intermedios unha paga por obxectivos denominada «dirección por obxectivos». Ademais, nos últimos meses seguiuse contratando persoal eventual en todas as oficinas da empresa no estado, o que para o sindicato é a proba de que aumentou a carteira de pedidos da compañía.

Por último, o sindicato lembra a «millonaria» débeda das Administracións públicas co grupo Tragsa, que superaba os 460 millóns o pasado mes de novembro. Débeda, ademais, sete veces superior á previsión de perdas acumuladas entre 2014 e 2019.

+ Para máis información:

  • Claudio Landeira, delegado de CCOO en Tragsatec: 649 684 220