Archivado en externalizacion, Convocatorias, Contact Center

Non á deslocalización, pola defensa dos postos de traballo de R en Galicia!


despedimentos R

Desde a compra por parte de Euskaltel no 2015, R Cable está a deslocalizar os postos de traballo cara Asturias e o País Vasco.

O presente e futuro, tal e como indicou o conselleiro delegado da empresa, José Miguel García, vai continuar no mesmo camiño, para acabar coa gran maioría dos postos de traballo en Galicia.

Máis concretamente todo o Servizo de Mantemento, maioritariamente subcontratado en outras empresas, está derivando os distintos servizos fóra, operación e mantemento, enxeñería e desenvolvemento, o servizo de atención telefónica, etc. sin que se produza subcontratación dos traballadores e traballadoras de Galicia, quedando así, máis de 1.200 traballadores e traballadoras en risco de perder os seus postos de traballo. A maioría do persoal que vimos prestando servizos para R, desde hai moitos anos, e que xa fomos subrogados anteriormente doutras empresas, vemos agora, con esta deslocalización, como os nosos postos de traballo están en perigo.

É por isto, que os traballadores e traballadoras que vimos prestando servizos para R, chamamos á mobilización, para loitar contra esta fatidica deslocalización e pola defensa dos postos de traballo, que terá como pistoletazo de saída, unha concentración o día mércores 17 de xullo ás 19:30 hs. diante da sede de R na Coruña.