Archivado en Noticias, Comunicado breve, Empleo, Unión Comarcal A Coruña, Contact Center

Unha vez máis, mobilizarse e visibilizar os conflitos, dá resultados

CCOO Servizos e UGT conseguen desbloquear a situación das empregadas e empregados de ALN (Contact Center) Coruña


No día de hoxe firmouse un ERE extintivo dentro de concurso cunha indemización de 20 días por ano, que sufragará o FOGASA. Co fin de axilizar o proceso non se fixo uso do período de consultas e procedeuse a entregar ao xuíz o acordo xa firmado. Deste xeito, as traballadoras e traballadores do ALN Coruña saen do "limbo" laboral no que se atopaban ata o de agora, xa que non tiñan carga de traballo, nin salarios, nin tampouco podían abandonar o seu posto.
Ademais conseguiuse un permiso retribuido ata que o xuíz dictamine e que se abonen as pagas extras atrasadas.