Archivado en Negociacion Colectiva, Convocatorias, Contact Center

A patronal de Contact Center bloquea a negociación do Convenio

Concentración para o desbloqueo do Convenio Contact Center: 4 de maio,12 hrs. Obelisco (A Coruña)


Non hai avances e cada reunión de mesa parécenos unha perda de tempo. Mentres os traballadores e traballadoras do sector imos perdendo salario a patronal vai aumentando os seus beneficios á nosa costa . Desde CCOO esiximos que a patronal dea un paso adiante e que empece a tomar en consideración xa as propostas que desde CCOO viñemos expoñendo. Pero como a patronal non o entende, fórzanos a mobilizarnos.

Mércores, Catro de maio, 12:00 hrs.
Rúa Nova - Obelisco, A Coruña