Comercio Vario Coruña: a patronal non quere negociar un novo convenio


A vixencia do Convenio Colectivo do Comercio Vario da provincia da Coruña rematou en decembro de 2015 e actualmente está en ultractividade ata o 30 de xuño de 2018. 

Atopámonos con que moitas das asociacións patronais afectadas por este convenio non quere sentarse a negociar, impedindo que poidamos constituir a mesa de negociación. Fixeron caso omiso dunha solicitude de mediación tramitada polos sindicatos a través do Consello Galego de Relacións Laborais.

 O grave problema que isto provoca é que SI NON SE ASINA UN NOVO CONVENIO, ESTE DESAPARECE, desaparecendo por tanto os dereitos acadados e con consencuencias demoledoras. 

Non se cobraría o 100% nas baixas, conxelaríanse os salarios, reduciríanse ao mínimo as licenzas retribuídas e poderían contratar novo persoal cobrando só os 707,60 euros brutos de salario mínimo interprofesional, aplicaríase o Estatuto dos Traballadores sen  nengunha mellora, DEIXANDO O SECTOR EN PRECARIEDADE TOTAL.

 Ante esta situación, estamos a realizar as actuacións necesarias para forzar á patronal a sentarse a negociar e conseguir o mantemento do Convenio de  Comercio da provincia da Coruña. 

PARA INFORMARTE DE PRIMEIRA MAN, PARA CALQUERA APORTACIÓN E PARTICIPAR NÁS DECISIÓNS QUE SE TOMEN POLA LOITA DOS NOSOS DEREITOS, ACUDE AS ASAMBLEAS, CONCENTRACIÓNS E MOVILIZACIÓNS QUE IREMOS COMUNICANDO.

 PROXIMA CONCENTRACIÓN 17 DE NOVEMBRO AS 12:00 HORAS

Plaza Galicia - Santiago

Plaza de Lugo - A Coruña

Centro Comercial Odeón - Ferrol



CCOO e UGT apostan por un modelo turístico sustentable e con emprego decente

Modelo turístico sostible

Con motivo da celebración do Día Mundial do Turismo 2017, a Federación de Servicios de CCOO e a Federación de Servicios, Movilidad y Consumo de UGT denuncian que a bonanza económica que vive a industria turística a nivel xeral traduciuse en maior explotación laboral, con salarios baixos, precariedade, falta de negociación colectiva sectorial e aumento da externalización. Segue 



CCOO Servizos asina o Convenio de Comercio Alimentación de Ourense

Convenio Comercio Alimentación Ourense

Hoxe 19 de setembro, chegamos a un acordo para asinar o Convenio Colectivo de Comercio Alimentación de Ourense. Mantendo a base do convenio anterior e sen retroceder en ningún dos seus apartados, mellóranse e engádense os seguintes conceptos:


Convenio Comercio do Metal da Provincia de Pontevedra: avances na negociación

Convenio Comercio Metal Pontevedra

Por fin, e sen tempo non era, empezamos a negociar de verdade o convenio de comercio metal da provincia de Pontevedra.

A patronal fixo unha formulación na mesa de negociación para eliminar o actual concepto de antigüidade, abonando un incremento superior dos salarios e consolidando as cantidades que veñen percibindo por este concepto á data de conxelación.

Tras dúas sesións de negociación na que as formulacións da patronal foron cambiando, a última proposta que saíu da reunión do pasado día 8 de setembro é a que vos trasladamos: segue




Carta á Xunta de Galicia rexeitando a apertura de domingos e festivos no Comercio Galego

apertura domingos festivos

Unha vez máis, como cada ano, desde a Xunta de Galicia e en cumprimento da lei de horarios comerciais, solicítasenos que entreguemos unha relación de dez domingos e festivos que puidesen considerarse como de posible apertura comercial.
A apertura de domingos e festivos en comercio, permite e fomenta unha loita desigual entre as grandes superficies e o pequeno comercio de proximidade, e coa escusa do incremento de postos de traballo, precariza as condicións das traballadoras e traballadores do sector.

A estas alturas, a experiencia xa nos indica claramente que o incremento de horas comerciais non implica un aumento substancial do emprego, senón que máis ben lévanos á precarización das condicións laborais con incrementos abusivos de xornada, con aumento do número de horarios irregulares e impedindo a conciliación da vida laboral e familiar.
Ademais a apertura de domingos e festivos, potencia unha perniciosa identificación entre lecer e consumismo desmedido.

A Federación de Servizos de CCOO, unha vez máis, realizou un escrito de contestación situándose contra a apertura de domingos e festivos.

Podes velo aquí


CCOO Servizos obtén toda a representatividade nas eleccións de Primark (Santiago).

eleccións Primark Santiago

CCOO volveu gañar as eleccións sindicais na empresa Primark (Santiago). A candidatura da Federación de Servizos logrou a totalidade dos 9 membros do comité e fíxoo, ademais, mantendo os resultados das anteriores eleccións, sobre un censo de 130 persoas.

Cabe salientar que estes excelentes resultados son froito da boa labor sindical das delegadas e delegados de CCOO.

A Federación de Servizos amosa o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste proceso, en especial ás que, co seu voto, depositaron a súa confianza en Comisións Obreiras.
Finalmente, CCOO-Servizos dá os parabéns a todos os traballadores e traballadoras da empresa, pois con este resultado renóvase o compromiso adquirido nas urnas e ponse á súa disposición para continuar defendendo os intereses laborais.   


Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones