Archivado en Convocatorias, Unión Comarcal A Coruña, Contact Center, Accion sindical
Teleperformance A Coruña en folga
O luns 4 de marzo de 2019 reunido o Comité de Empresa decídese por unanimidade de todas as
Seccións Sindicais representadas neste Comité convocou paros de folga para o luns once de marzo en quendas de mañá de 12:00 a 13:00 horas e de tarde de 18:00 a 19:00 horas. Polos sobrados motivos que pasamos a detallar:
- Despedimentos disciplinarios inxustificados.
- Abuso da contratación eventual e precaria.
- Denegación das reducións de xornada de concrecións horarias.
- Plans de incentivos inalcanzables.
- Presións constantes nas campañas.
- Incidencias reiteradas en nóminas.
- Falta de control e transparencia ante os cambios constantes do persoal entre campañas, en determinados casos con perdas de categorías.
Promóvese a declaración de folga xa que até o día de hoxe resultaron infrutuosas todas as negociacións (requirimentos, reunións coa empresa, etc..) realizadas para tentar chegar a un acordo sobre dás distintas problemáticas no centro de traballo.
Artículos más leídos hoy
Calendario Laboral 2024. Publicado en el BOE
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Avanzan las negociaciones del Convenio de Grandes Marcas del Comercio Textil con las posiciones aún muy alejadas
Oferta formativa subvencionada para trabajadoras y trabajadores
Convenio Colectivo de Hostelería de las Illes Balears
CCOO presenta informe de turismo: el modelo turístico ante la encrucijada de la recuperación