Archivado en Comunicado breve, Negociacion Colectiva, Unión Comarcal A Coruña, Seguros e Mutuas, Accion sindical

concentración servizos prevención

As traballadoras e traballadores levan tres anos cos salarios conxelados, padecendo un "empobrecemento continuado" malia que as empresas baten as súas

Concentración para esixir o desbloqueo do convenio de servizos de prevención alleos

Comisións Obreiras (CCOO) e UGT convocaron hoxe venres unha concentración na Coruña para esixir o desbloqueo do convenio colectivo de servizos de prevención alleos. Os sindicatos reproban a actitude das empresas no que respecta a mellorar as condicións laborais duns traballadores e traballadoras que son “imprescindibles” no modelo de prevención de riscos do noso país. A protesta tivo lugar diante do centro sanitario do Ventorrillo, situado no n.º 30 da rúa Pasteur.

CCOO sinala que este convenio leva tres anos “bloquedo unilateralmente” por parte das patronais ASPREN, ASPA e ANEPA. Malia que o sector “bate as súas marcas de beneficios”, vinte mil profesionais en todo o Estado continúan coas súas condicións laborais conxeladas.

Para CCOO, isto é “especialmente grave no caso dos salarios”, porque a situación provoca un “empobrecemento sistemático e continuado” dos cadros de persoal. Neste contexto, as patronais ofrecen subas entre o 1,3 e o 1,5 %, malia que a inflación pechou o ano pasado no 6,5 % e continúa subindo mes a mes.

No ámbito estatal, CCOO e UGT xa lles remitiron cartas aos grupos parlamentarios e entrevistáronse coa Dirección Xeral de Traballo á procura de solucións. Agora comeza un calendario de mobilizacións “que se intensificará no outono” se persiste o bloqueo, avanzan os sindicatos.


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es