Archivado en Convocatorias, Unión Comarcal A Coruña, Union Comarcal Ferrol, Union Intercom. Santiago Barbanza, Union Comarcal Lugo, Unión Comarcal A Mariña, Union Intercom. Ourense, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Union Comarcal Arousa
Convocatoria asembleas nivel I Federación de Servizos
O pasado 11 de xullo o Consello Confederal de Comisións Obreiras aprobou as normas do XI Congreso do sindicato, procedéndose a renovar con elas todas as estruturas de CCOO.
Como afiliado, afiliada, ao sindicato, tes o dereito a ter voz e voto e participar nesta renovación de CCOO.
A pesar de non pasar máis de dous anos do primeiro congreso da Federación de Servizos de CCOO de Galicia, onde agrupamos a atención sindical de diferentes sectores, como os Servizos Administrativos e Financeiros, o Comercio, a Hostalaría, Seguros, Enxeñarías, Contact Center, TIC´s, etcétera, o próximo 13 de marzo de 2017, en Santiago, celebraremos o II Congreso da Federación en Galicia.
Sete mil persoas manteñen a súa afiliación á Federación de Servizos, demostrando a súa confianza na atención sindical e asesoramento ante conflitos individuais ou colectivos. Segue
Durante este curto período, demostramos a utilidade do sindicato como ferramenta de mellora das condicións de traballo nos nosos sectores, liderando a negociación colectiva, e asinando os convenios colectivos provinciais de Comercio de Alimentación en Pontevedra e Lugo, Comercio de Materiais de Construción e Saneamentos na Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense, Comercio retallista téxtil de Pontevedra, Comercio do Moble de Pontevedra e Comercio do Metal en Lugo.
Igualmente, realizamos mobilizacións importantes contra o bloqueo nos convenios colectivos de Aforro e Contact Center, contra os Expedientes de Regulación de Emprego de Tragsatec, Banco Popular, Eurostars Gran Hotel La Toja, entre outras empresas, contra a precariedade laboral en Galicia, contra a liberalización dos horarios comerciais, entre moitos outros conflitos.
Por todo iso, e ante a importancia da túa implicación, animámoste a participar neste proxecto ilusionante de renovación do sindicato, e convocámoste ás asembleas congresuais do teu ámbito sectorial que podes ver na listaxe adxunta, lembrándoche a importancia que ten a túa achega nas devanditas asembleas congresuais e a túa colaboración activa para fortalecer o sindicato, a mellor ferramenta para a defensa dos intereses dos/as traballadores/as, axudando a estender a afiliación, propóndolla aos teus compañeiros e compañeiras de traballo, e en xeral, cooperando na difusión dos nosos obxectivos, que son os de conseguir emprego mellor e máis seguro para a clase traballadora, mellores condicións de vida e lograr maiores cotas de igualdade e xustiza social.
Nas seguintes ligazóns podes consultar as normas e regulamentos que rexen as asembleas congresuais, así como os diferentes documentos obxecto do debate pola afiliación.
Normas e regulamentos
-
Anexo Organizativo CCOO Servizos Galicia: https://www.ccoo-servicios.es/galicia/normas/
-
Regulamento de asembleas de primeiro nivel convocadas no ámbito da Federación de Servizos de Galicia : https://www.ccoo-servicios.es/archivos/galicia/ORDENDODIAEREGULAMENTOASEMBLEANIVELIGALICIA.pdf
-
Normas 11 Congreso Confederal: http://www.ccoo.es/cms/g/public/o/6/o164485.pdf
-
Normas Congresuais CCOO Servicios:https://www.ccoo-servicios.es/archivos/Normas_II-Congreso-Servicios-CCOO.pdf
-
Normas Congresuais 11º Sindicato Nacional de CCOO de Galicia: http://www.galicia.ccoo.es/comunes/recursos/11/doc282172_Normas_congresuais_-_11._Congreso_do_S._N._de_CCOO_de_Galicia.pdf
Documentos para o debate:
-
S.N. Relatorio e Proxecto Estatutos: http://www.ccoo.gal/comunes/recursos/11/doc283478_Documentos_para_o_debate__relatorio_e_estatutos.pdf
-
Fed. Servicios Ponencia: https://www.ccoo-servicios.es/archivos/PonenciaServCCOOAprobada.pdf
-
Fed. Servicios Estatutos:https://www.ccoo-servicios.es/archivos/ESTATUTOSdef.pdf
-
Confederación Proxecto Estatutos:http://www.ccoo.es/cms/g/public/o/4/o202872.pdf
Asembleas para elixir a delegación correspondente ao nivel II do Congreso de CCOO Servizos Galicia
Asembleas para elixir a delegación correspondente aos Congresos Comarcais do S.N. de CCOO de Galicia
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Calendario Laboral 2025. Publicado en el BOE
Alcanzado ACUERDO en el proceso de integración de Targobank y Cemcice en Abanca
Ciberamenazas y fraudes. ¿Los conoces?
Plan de Igualdad Grupo Alsea
Acuerdo Laboral de ámbito Estatal para el sector de Hostelería (ALEH)