Archivado en Nota de prensa, Huelga, Convocatorias, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Enxenerías Inspección Técnica
A dirección ignora de forma sistemática as reivindicacións dos traballadores
Primeira folga na historia de CTAG-IDIADA solicitando o cambio ao convenio provincial do metal de Pontevedra
CTAG-IDIADA safety technology S.L. é unha sociedade creada en 2002, a partes iguais entre o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e Applus IDIADA, multinacional que iniciou a súa actividade en Cataluña en 1971, especializada en servizo de homologación para a industria do automóbil. Nesta sociedade, CTAG aporta as instalacións, a dirección e o capital humano, mentres que Applus IDIADA aportou no seu momento a experiencia e a súa rede de clientes. Segue
Esta empresa nace da man de CTAG para acercar os laboratorios de homologación ás empresas galegas de automoción e aforrar o custo de ensaiar na sede central de Applus IDIADA en Tarragona.
As actividades de CTAG-IDIADA son principalmente ensaios de homologación de sistemas de seguridade para o sector do automóbil, en catapulta inversa e simulación destes mesmos estudos mediante ordenador. Conta para isto cun edificio propio dentro do CTAG e un equipo de 34 técnicos especializados e enxeñeiros.
Dende CCOO denunciamos ante a empresa que, a pesar de ser un traballo que require alta especialización e unha formación permanente, estase a someter ao cadro de persoal a políticas de soldos baixos, conxelación salarial mediante a absorción de complementos, así coma unha carreira profesional e categorización inexistentes.
Dende CCOO intentamos en reiteradas ocasións que a Dirección mellorase as condición dos seus traballadores e traballadoras, pero a resposta foi o desprezo e menosprezo absoluto cara o persoal, con ausencia total de contestación e un atraso sistemático das reunións para dar resposta ás reivindicacións dos traballadores e traballadoras de CTAG-IDIADA.
Polo exposto, vémonos na obriga, por primeira vez na historia de CTAG-IDIADA, de convocar folga indefinida que se realizará a partires do día 15 de Febreiro, cumprindo co compromiso adquirido co cadro de persoal, onde máis do 93% reclamou por escrito mellorar as súas condicións.
Os traballadores e traballadoras de CTAG-IDIADA demandan con esta medida o cambio ó Convenio Provincial do Metal de Pontevedra e unha correcta categorización profesional dentro do mesmo. CCOO entende que este convenio é o marco onde se encadran as empresas de automoción para as que traballan e que supón unha mellora das condición salariais e sociais en xeral.
Calendario Laboral 2024. Publicado en el BOE
El Consejo de CCOO Servicios aprueba las fechas y los documentos a debatir durante su tercer proceso congresual
El Tribunal Supremo afirma que los permisos retribuidos se conceden para su disfrute en días laborables
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
BOLETÍN INFORMATIVO
Avanzan las negociaciones del Convenio de Grandes Marcas del Comercio Textil con las posiciones aún muy alejadas