Archivado en Nota de prensa, Salario, Condiciones de trabajo

CCOO inicia unha campaña para denunciar a precariedade laboral en Galicia

A porcentaxe de accidentes de traballo é case o dobre entre as persoas con contratos temporais

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) inicia hoxe unha campaña para denunciar a precariedade no mercado laboral galego. A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, e o secretario confederal de Acción Sindical, Ramón Górriz, alertaron das «intolerables» cifras de precariedade que padece o noso país, daí que se poñan en marcha diversas iniciativas para a combater. Segue



Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

Precisamente, para «reforzar» os argumentos desta campaña, CCOO presentouna xunto co número 21 dos Cadernos do Sindicato Nacional, titulado A precariedade no mercado laboral galego. Este detallado estudo dá conta da deterioración das condicións laborais e de vida da clase traballadora por mor da crise e das reformas laborais do 2010 e do 2012.

Bouza explicou que o 31 % das galegas e galegos asalariados cobra por baixo do salario mínimo interprofesional (SMI) e que a precariedade está «intimamente ligada» á sinistralidade: a porcentaxe de accidentes de traballo é case o dobre nas persoas con contratos temporais ca nas contratadas de xeito indefinido (2,4 % fronte ao 4,5 %). As mulleres e os menores de 30 anos son os colectivos «que teñen máis papeletas» para ocuparen un posto de traballo a tempo parcial, sinalou a sindicalista: o 22,1 % das mulleres e o 23,9 % das persoas de 16 a 29 anos.

A xornada parcial é unha mostra da precariedade laboral porque no 62,7 % dos casos non responde a un desexo dos traballadoras e traballadoras "só nove de cada cen afirmaron buscar ese tipo de xornada". Xunto á parcialidade, a precariedade é outra característica do mercado laboral galego: o 91 % dos contratos rexistrados no primeiro trimestre de 2016 son temporais; deles, o 31 % teñen unha duración inferior á semana e, dentro deste grupo, o 37 % son a tempo parcial.

Contratación temporal, a xornada parcial, mal pagada, pero tamén con horas extraordinarias non remuneradas, denunciou Bouza: no primeiro trimestre de 2016 realizáronse 329.300 horas extraordinarias e as non remuneradas alcanzaban o 55 % do total.

Medidas para reducir a precariedade

CCOO propón varias medidas para reducir a precariedade no mercado laboral galego. En primeiro lugar, o sindicato pide habilitar os mecanismos necesarios para que a contratación indefinida sexa «a forma ordinaria de acceso ao emprego» "actualmente éo en menos do 10 % dos casos", penalizando os contratos precarios. O sindicato tamén propón a reordenación do réxime xurídico do despedimento, reforzando a necesidade de xustificar as causas.

O sindicato tamén pide eliminar os supostos en que a empresa pode modificar unilateralmente as condicións de traballo, revisar as bonificacións á contratación, modificar integramente o réxime do contrato a tempo parcial, revisar a regulación dos contratos formativos, mellorar a xestión do FOGASA e dos servizos públicos de emprego, refacer o Programa de garantía xuvenil e garantir a seguridade xurídica nos procesos de descentralización produtiva e fortalecer a negociación colectiva, entre outras medidas.

Denuncia confidencial e segura

Con esta campaña, CCOO quere animar os traballadores e traballadoras galegas a denunciaren situacións de precariedade. Para iso habilitou o enderezo electrónico denunciaprecariedade@galicia.ccoo.es, onde se poderá informar de xeito confidencial e seguro sobre estas situacións.

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es