Archivado en Comunicado breve, Salario, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Union Comarcal Arousa, Multiservizos

randstand project

O Comité de Empresa, integrado por cinco membros de CCOO, logra un acordo de melloras laborais

Asinado acordo económico en Randstad Project

No día de hoxe asinouse o primeiro acordo económico entre a dirección de Randstad Project e o Comité de Empresa co que se consegue mellorar os salarios do colectivo que presta os seus servizos para a empresa GEFCO en Vigo, nun porcentaxe superior ó 8%.

Este acordo baséase en dous aspectos fundamentais, os cales teñen un compoñente económico claro e que consegue mellorar os baixos salarios destes traballadores e traballadoras. Estes dous aspectos son por unha banda a regulación da xornada laboral e por outro as condicións económicas que se rexen por un moi baixo convenio de empresa. Segue


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

 No que respecta á xornada laboral, acordamos en resumo que todas as horas que se realicen en sábado e domingo despois das primeiras 21 realizadas, se abonen ao prezo de hora extraordinaria e ao prezo establecido no grupo IV do convenio (supón un 1,8% de incremento no valor de cada hora). Antes deste acordo e por aplicación da xornada flexible establecida no Convenio moitas das horas que se realizaban en sábado ou domingo considerábanse ordinarias.


En canto ás condicións económicas o acordo supón un incremento do salario bruto anual do 8,15%, pasando dun salario bruto anual de 10.450 eur a 11.247,17 eur (10.839,17 eur de salario base, 308 eur de plus de asistencia e 100 eur de plus de sinistralidade). Ademais todo o persoal pasa do grupo I actual ao grupo III, con aplicación dos salarios correspondentes do grupo IV, o que suporá que se lles aplique ademais o incremento que se acorde para este último grupo na negociación que se está producindo actualmente a nivel estatal do Convenio Colectivo desta empresa.


O 8,15% parece un incremento importante, pero en CCOO temos claro que cando se fala duns salarios tan baixos, un incremento deste tipo non se pode considerar significativo, polo que consideramos que temos a obriga como sindicato de seguir loitando por uns salarios dignos para este colectivo. Este acordo non pode ser máis que un primeiro paso en busca do obxectivo principal de lograr que os traballadores e traballadoras de Randstad Project, e de todas as empresas de multiservizos, gocen das mesmas condicións que teñen os que traballan para a empresa principal.


Queremos significar e poñer en valor o labor dos cinco compoñentes do Comité de Empresa, todos eles de CCOO, que en menos de seis meses desde a súa constitución conseguiron mellorar as condicións de traballo dos seus representados. Cónstanos a CCOO que non están do todo satisfeitos e que seguirán loitando, co noso apoio e o do persoal, por mellorar ao máximo tanto as condicións económicas como as laborais de todos os traballadores e traballadoras.

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es