Archivado en Comunicado breve, Comercio Galicia, Muller

Xa tivo lugar a reunión de negociación do diagnóstico do I Plan de Igualdade de Zara Home España.
Negociación do diagnóstico do I Plan de Igualdade de Zara Home España
Tras producirse a constitución da mesa negociadora, acordamos na devandita reunión levar a cabo un calendario de traballo a fin de iniciar a negociación do Plan de Igualdade de Zara Home.
Segundo este calendario, unha vez revisados os datos achegados pola empresa para realizar o diagnóstico de situación, a representación legal das persoas traballadoras debía realizar unha petición de ampliación dos mesmos se o consideraba necesario e enviar as primeiras propostas para o plan en materia de acceso e contratación. Ler máis
Cumprindo co calendario fixado, a fin de ter un diagnóstico que nos achegue á realidade do persoal en canto a contratación, promoción, formación etc. CCOO consideramos necesario pedir algúns datos máis á empresa.
A espera de ser recibidos, enviamos un bloque de propostas para as primeiras materias que se debían abordar na negociación, todo iso de acordo ao comprometido na primeira reunión.
Coa análise dos datos solicitados, ampliariamos se fose necesario, algunha medida máis das materias enviadas e contariamos con información suficiente para os seguintes capítulos.
Tras atrasar a empresa a reunión prevista máis dun mes, o día da reunión non dispuña dos datos solicitados e indicounos que só iniciaría a negociación de medidas unha vez finalizado o diagnóstico cos datos achegados inicialmente.
Para CCOO, o primeiro diagnóstico entregado resulta insuficiente, motivo polo que se solicitaron algúns datos máis que debían ser enviados previamente a esta reunión.
Finalmente, a empresa comprometeuse a envialos antes do 31 de Xullo e, pola nosa banda, iremos adiantando outro bloque máis aos anteriormente enviados a fin de avanzar na negociación.
Que é e como se elabora o diagnóstico: O diagnóstico é a análise que realizamos partindo da información que achega a empresa en canto ás características do persoal en materia de contratación, acceso ao emprego, promoción profesional, accións formativas nas que participa, retribución, exercicio dos dereitos de conciliación e corresponsabilidade, saúde laboral.., sendo o estudo destes datos, o que servirá de base para fixar os obxectivos de igualdade, medidas concretas para a súa consecución e sistemas de seguimento e avaliación dos obxectivos fixados.
A lei establece que o diagnóstico deberá ser negociado coa representación legal das persoas traballadoras.
Seguirémosvos informando,
06-07-12 Para CCOO es imprescindible que se sepa cómo hemos llegado hasta aquí
Acuerdo en materia de permisos y ausencias en horario de trabajo en Rural Servicios Informáticos, S.C.
No a la política de absorciones
La dirección de la Paradores anula la posibilidad de JUBILACIONES PARCIALES AL 75% para los años 2022 y posteriores.
Acuerdo sustitución seguro vida y riesgo PRE80 - 22 dic 16
28 de Mayo: Día internacional de Acción por la Salud de las Mujeres