Calendario e normas III Plenario Sección Sindical CCOO CAIXABANK Galicia
Por acordo das Comisións Executivas da Sección Sindical Estatal de Caixabank e da Agrupación Estatal do Sector Financeiro aprobáronse as normas reguladoras do III Plenario da Sección Sindical Estatal de Caixabank, cuxa celebración terá lugar en Barcelona os días 27 e 28 de novembro de 2019, e que están dispoñibles na ligazón indicada máis abaixo. Ler máis
PLENARIO DE CONSTITUCIÓN SECCIÓN SINDICAL CCOO GRUPO CARREFOUR EN GALICIA - Rectificación de horarios
Con motivo das asembleas provinciais que terán lugar os días 9,10,11 e 12 para o plenario territorial da Sección Sindical de Carrefour Galicia, comunicamos que se rectifican os horarios das asembleas nas diferentes provincias, que serán de: 16:30 a 19:00. Asemade, as candidaturas foron recibido en tempo e forma co cal quedan proclamadas as de todas as provincias que se relacionan:
Candidatura Provincia de A Coruña: Encabezada por: Asunción Gómez Pose |
Candidatura Provincia de Pontevedra: Encabezada por:: Daniel Ricart Alonso |
Candidatura Provincia de Ourense: Encabezada por: María Dolores Cid Pérez |
Candidatura Provincia de Lugo Encabezada por: Ana Belen Santos Carreira |
Calendario das diferentes asembleas:
|
Data |
Lugar |
Hora |
A Coruña |
09/09/2019 |
Avenida de Alfonso Molina Km. 2, Edificio Sindicatos, 4ª planta, A Coruña |
16:30 a 19:00 |
Lugo |
10/09/2019 |
Ronda da Muralla, nº 58, Edificio Sindicatos, Bajo , Lugo |
16:30 a 19:00 |
Ourense |
11/09/2019 |
Parque de San Lázaro, 12, Edificio Sindicatos, 3ª Planta, Ourense |
16:30 a 19:00 |
Pontevedra |
12/09/2019 |
As Teixugueiras, nº 11 – Entreplanta (Polígono de Navia), Vigo |
16:30 a 19:00 |
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia condena á Fundación Monte do Gozo (Proxecto Home Galicia) por actitude antisindical
Tal e como ven denunciando dende o ano 2017 a Federación de Servizos de CCOO de Galicia en diferentes reunións, mobilizacións e roldas de prensas, os informes da Inspección de Traballo da Coruña e Vigo recoñecían irregularidades graves na actuación da empresa e xeraban por iso unha
serie de requirimentos e sancións. Súmase agora unha sentenza do TSXG de Galicia de data 23 de xullo de 2019, na que se ratifica de forma contundente a ACTITUDE ANTISINDICAL contra CCOO, contra a súa delegada e afiliadas e afiliados na Fundación Monte do Gozo, Proxecto Home Galicia. Ler máis
CCOO Servizos acada un excepcional resultado nas eleccións de LIDL Coruña
O día vintetrés de xullo celebráronse eleccións sindicais en LIDL, nas cales se obtiveronn os seguintes resultados: CCOO: 7, Fasga: 1, CIG: 1. E por iso queremos dicir:
RESPONSABILIDADE: Recollemos esta enorme responsabilidade con entusiasmo e animamos a seguir loitando polos nosos dereitos, sen dar un paso atrás. Os vosos votos dannos a forza e a ilusión para enfrontarnos aos enormes retos do futuro.
TRABALLO: Dedicámonos a traballar durante catro anos, vístesnos nas tendas, negociamos coa empresa acordos importantes que melloran o convenio colectivo... pero o noso traballo (que é o noso mellor aval) está apoiado pola profesionalidade dunha sección sindical estatal e polo sindicato máis representativo do país, e por suposto, o apoio do persoal que acudiu a votar para conseguir estes magníficos resultados.
GRAZAS: Queremos dar as grazas a todas aquelas compañeiras/os que decidiron formar parte das nosas candidaturas e tamén a todas e todos os que votástedes e confiástedes en CCOO.
A LOITA CONTINÚA: Compañeiras, compañeiros....SEGUIREMOS LOITANDO!
A Sección Sindical de Teleperformance A Coruña celebra o seu Plenario
Hoxe, 22 de xullo, celebrouse na Coruña o plenario de renovación da Sección Sindical de CCOO en Teleperformance A Coruña. No mesmo foi reelixido como secretario xeral Xosé González Paz e como membros da executiva Miriam Dornas Coira, Beatriz Agra Aguinaga, Antonio Díaz Diaz e Lucía Trenor López.
Desde a Federación de Servizos de Galicia os nosos parabéns polo gran traballo desenvolvido nos últimos catro anos.