Archivado en

CCOO vai continuar coas mobilizacións, como as organizadas nos meses de xullo e agosto

Euskaltel elimina paulatinamente postos de traballo de R


manifestación R ccoo

CCOO Servizos Galicia teme que o grupo Euskaltel siga durante os próximos meses coa súa estratexia de redución de postos de traballo de R en Galicia. Tras os despedimentos que leváronse a cabo en xullo, sumouse en agosto a destrución de 36 postos de traballo que se prestaban para R nas empresas de "Universal Support" e "Teleperformance".

Dada esta situación, dende CCOO témese que a destrución de emprego de R decidida polo grupo Euskaltel poda alcanzar até o 50% dos case 800 postos de traballo existentes a día de hoxe segundo a información que se manexa dende o sindicato. Ler máis


En dúas reunións mantidas recentemente coa secretaría xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca, a secretaria xeral de CCOO Servizos Galicia, Lucía Trenor, trasladoulle a preocupación pola destrución de emprego que se está levando a cabo no sector nos últimos meses. A secretaria xeral de Emprego trasladoulle ao sindicato a súa preocupación e interese pola situación xerada no presente conflito.

Ante esta situación, dende CCOO vaíse continuar coas mobilizacións, como as organizadas nos meses de xullo e agosto, durante o mes de setembro en protesta pola deslocalización e destrución de emprego en R que o grupo Euskatel está a levar a cabo en Galicia.

As datas das próximas mobilizacións son:

- Hoxe, martes 10 de setembro ás 19:30 na Rúa Real fronte ao edificio de R
- Mércores 11 de setembro ás 12:00 no Poligono da Grela fronte ao edificio de R
- Martes 24 de setembro ás 19:30 na rúa Real fronte ao edifico de R
- Mércores 25 de setembro ás 12:00 na Praza Luís Seoane fronte ao edificio da Xunta

Persoa de contacto: Iván Cordeiro 660-505 349