CCOO Servizos velaremos polas garantías laborais do ERTE de Bosch SS Vigo
Con data 19 de marzo a empresa Bosch Services Solution, situada en Vigo, notificou á representación sindical existente na empresa a súa intención de iniciar un Expediente de Regulación de Emprego Temporal (ERTE) que afectaría a unhas 1309 persoas dun total de 1549 persoas e a finalización dos contratos existentes a día de hoxe por ETT.
Na notificación realizada á RLT fundamenta a necesidade de levar a cabo o ERTE baseado en causas obxectivas organizativas e produtivas derivada da situación de alerta sanitaria decretada polo Goberno de España. A intención da empresa é levar a cabo devandito ERTE durante un prazo máximo de 6 meses.
Desde a Federación de Servizos velaremos por que se dean todas as garantías laborais durante este proceso e esixiremos que a duración do ERTE anunciado non se prolongue máis aló da situación de alarma sanitaria existente no noso país. Así mesmo esixiremos á empresa que garanta o 100% dos salarios, facéndose cargo da diferenza entre as prestacións abonadas polo SEPE e o salario real do persoal.
ERTE sen acordo no hotel EUROSTARS ATLANTICO CORUÑA
O xoves, 18 de marzo, a representación sindical de CCOO no Hotel Eurostars Atlántico da Coruña, decidiu asinar sen acordo a acta final do período de negociacións dun ERTE promovido pola empresa e que afecta ao persoal do hotel.
As razóns polas que a representación sindical de CCOO decidiu asinar SEN ACORDO son as seguintes: Ler máis
CCOO insta a Bosch e Unísono a garantiren a seguridade e saúde laboral nos seus centros de Vigo
17-3-2020.- A Federación de Servizos de CCOO dirixiuse ás empresas Bosch e Unísono para esixirlles medidas que garantan a seguridade e saúde laboral nos seus centros de traballo de Vigo. Nestas empresas, un numeroso cadro de persoal comparte espazos moi próximos, sen que se teñan tomado medidas especiais para previr un contaxio por coronavirus COVID-19. Por esta razón, o sindicato puxo os feitos en coñecemento da Inspección de Traballo. Ler máis
Toda a información sobre prestacións e desemprego durante o Estado de Alarma
A atención presencial no Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) queda suspendida a partir deste luns 16 de marzo debido á pandemia do Coronavirus, pero si funcionará a vía telemática, que está a ser reforzada para garantir a tramitación das prestacións por desemprego e o resto de dereitos da cidadanía. En todo caso, o Ministerio de Traballo e Servizo Público de Emprego informou que non se terán en conta os prazos establecidos para solicitar prestacións mentres dure o Estado de Alarma. Ler máis
SE TRABALLAS EN HOSTALARÍA OU COMERCIO... Sobre o peche de centros de traballo e como afectará aos cadros de persoal
Ante o peche de determinados centros de traballo, desde a Federación de Servizos de CCOO de Galicia queremos contestar a aquelas preguntas que poden facerse as persoas que forman parte do persoal do sector: Ler máis