¿Defender tus derechos?

Defiende tus derechos.  Afíliate a CCOOAcceso a Zona afiliacion

Consultas Laborales

Consultas laborales más frecuentes. Si no la encuentras, pregúntanos.

Convenios Colectivos

Convenios Colectivos aplicables en Galicia


Acórdase a celebración dunha reunión semanal para avanzar na negociación

Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña: non imos negociar retrocesos

O día 23 de setembro, a representación da Federación de Servizos participou nunha nova reunión na mesa de negociación do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña.

Tras varias reunións anteriores de intercambio das plataformas de cada unha das partes, por fin entramos en materia.

Ao comezo da reunión, como declaración previa de intencións e tras analizar detalladamente a plataforma presentada pola patronal, a representación de CCOO deixou claro que a negociación deste convenio ten que pasar por mellorar as condicións do convenio, pero xamais entraremos a discutir condicións que empeoren o actual.

Nesta reunión empezamos a tratar artigo por artigo cada un dos diferentes capítulos do convenio, falando principalmente de contratación, categorías e xornada, adquirindo ademais o compromiso dunha reunión semanal para poder avanzar na negociación.

CCOO incidiu primordialmente nesta reunión no grave problema do sector con excesos de xornada e horas extras non abonadas, ademais da situación de precariedade dos contratos de tempo parcial, presentando solucións mediante a colocación de sistemas de fichaxes ou consolidación de horas complementarias para que a xente de tempo parcial poida chegar a ter unha xornada completa e regulada.

https://www.facebook.com/ServizosCCOO

https://twitter.com/servizosccoo


Celebración do día da Visibilidade Bisexual

A bisexualidade existe

Nesta sociedade binaria onde vivimos, onde parece que todo é branco ou negro, ben ou mal, dentro ou fóra, homosexual ou heterosexual. ..parece que non caben máis opcións, pero en realidade todos somos conscientes de que si as hai, de que se existen máis opcións, matices, cores, opinións ...e dentro destas opcións, tamén están as sexuais, unha gran parte da sociedade considera que se non es heterosexual deber ser homosexual, e que se non es homosexual é porque es heterosexual.

Segue


O Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia naceu en 2002 para ofrecer servizos de I+D+i á industria local do automóbil

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo denuncia «precariedade e riscos para a saúde» no CTAG

A Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo denuncia «precariedade e riscos para a saúde» no Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CTAG). Segundo o sindicato, o CTAG non pode presumir de ser un centro tecnolóxico «punteiro» cando o seu modelo laboral se basea en «salarios miserables», abuso dos contratos temporais e de prácticas, ao tempo que pon en risco a saúde do persoal, cuestión esta que xa levou á apertura dun expediente sancionador.


A Federación de Servizos convoca a unha asemblea aos seus delegados das comarcas de Vigo e Pontevedra

Coa finalidade de expoñer a situación actual da Federación de Servizos de Galicia aos delegados das comarcas de Vigo e Pontevedra, convócase unha asemblea que terá lugar o próximo 26 de setembro ás 17:00 local sindical de Teixugueiras, 11-entrept, 36212 Vigo.


CCOO Servizos gaña as eleccións en Catalana Occidente Vigo-Centro

A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou o/a único/a delegado/a elexible no proceso electoral do pasado día 19 de setembro. Cabe salientar que tanto os tres delegados de Coruña como os tres de Vigo representan a CCOO nas devantitas circunscricións.

CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no proceso electoral e a confianza depositada.


Convocatoria e normas do Proceso Congresual da Federación de Servizos de Galicia

O Consello Federal reunido o 14 de setembro de 2016 procedeu á convocatoria do II Congreso CC.OO. Servizos de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela o trece de marzo de 2.017.

O proceso congresual iniciarase o día doce de decembro de 2016 coas asembleas de primeiro nivel e, en sentido ascendente, culminará coa celebración do II Congreso da Federación de Servizos de Galicia.

Na documentación queda anexado con data 20.09.2016 o documento específico de contido organizativo sobre o desenvolvemento do proceso .

Anexo GL Anexo ES



Salut Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Conoce tus derechos, trabaja de manera segura

Transparència CCOO

Portal Transparència Serveis CCOO: Els comptes, documents, Estatuts, decisions...

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones