A Unión Comarcal de CCOO de Vigo denuncia «precariedade e riscos para a saúde» no CTAG
A Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo denuncia «precariedade e riscos para a saúde» no Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CTAG). Segundo o sindicato, o CTAG non pode presumir de ser un centro tecnolóxico «punteiro» cando o seu modelo laboral se basea en «salarios miserables», abuso dos contratos temporais e de prácticas, ao tempo que pon en risco a saúde do persoal, cuestión esta que xa levou á apertura dun expediente sancionador.
A Federación de Servizos convoca a unha asemblea aos seus delegados das comarcas de Vigo e Pontevedra
Coa finalidade de expoñer a situación actual da Federación de Servizos de Galicia aos delegados das comarcas de Vigo e Pontevedra, convócase unha asemblea que terá lugar o próximo 26 de setembro ás 17:00 local sindical de Teixugueiras, 11-entrept, 36212 Vigo.
CCOO Servizos gaña as eleccións en Catalana Occidente Vigo-Centro
A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou o/a único/a delegado/a elexible no proceso electoral do pasado día 19 de setembro. Cabe salientar que tanto os tres delegados de Coruña como os tres de Vigo representan a CCOO nas devantitas circunscricións.
Convocatoria e normas do Proceso Congresual da Federación de Servizos de Galicia
O Consello Federal reunido o 14 de setembro de 2016 procedeu á convocatoria do II Congreso CC.OO. Servizos de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela o trece de marzo de 2.017.
O proceso congresual iniciarase o día doce de decembro de 2016 coas asembleas de primeiro nivel e, en sentido ascendente, culminará coa celebración do II Congreso da Federación de Servizos de Galicia.
Na documentación queda anexado con data 20.09.2016 o documento específico de contido organizativo sobre o desenvolvemento do proceso .
Concentración en A Coruña polo Convenio Colectivo de Contact Center
Enmarcada na convocatoria de concentracións en todo o Estado, hoxe xoves 15 de setembro, manifestámonos na Coruña, a carón do Obelisco por:
-
Un salario digno
-
Estabilidade e seguridade laboral
-
Finalización da precariedade
-
Cumprimento da lei
-
Limitación das subcontratas
-
Desenvolvemento da igualdade e conciliación
Despois de dous anos negociando, a patronal ignora as propostas presentadas.