CCOO como un dos sindicatos máis representativos a nivel sectorial e formando parte da RLPT do centro de Santiago, formamos parte da comisión negociadora que se constituíu coa vontade de defender os intereses do persoal.
Segundo a lexislación vixente, os plans de igualdade conterán un conxunto ordenado de medidas avaliables dirixidas a eliminar os obstáculos que impiden ou dificultan a igualdade efectiva de mulleres e homes. Con carácter previo elaborarase un diagnóstico negociado, no seu caso, coa representación legal das persoas traballadoras, que conterá polo menos as seguintes materias:
a) Proceso de selección e contratación.
b) Clasificación profesional.
c) Formación.
d) Promoción profesional.
e) Condicións de traballo, incluída a auditoría salarial entre mulleres e homes.
f) Exercicio corresponsable dos dereitos da vida persoal, familiar e laboral.
g) Infrarrepresentación feminina.
h) Retribucións.
i) Prevención do acoso sexual e por razón de sexo.
A elaboración do diagnóstico realizarase no seo da Comisión Negociadora do Plan de Igualdade, para o que, a dirección da empresa facilitará todos os datos e información necesaria para elaborar o mesmo en relación coas materias enumeradas neste apartado, así como os datos do Rexistro regulados no artigo
28, apartado 2 do Estatuto dos Traballadores. Tras a recompilación dos datos mencionados actualmente atopámonos na fase da análise dos mesmos para elaborar o informe do diagnóstico de xénero necesario para poder identificar aquelas áreas sobre as que levar a cabo medidas concretas que poidan corrixir posibles desigualdades de xénero.
Por parte de CCOO pómonos a disposición de todo o persoal para contactar connosco e aclarar calquera dúbida sobre o proceso que leva a negociación do Plan de Igualdade