Xuntanza de delegadas e delegados de Alcampo Galicia
No día de hoxe reuníronse nos locais de CCOO en Santiago, os delegados e delegadas de ALCAMPO de Galicia.
Este ano finaliza a vixencia do Convenio Colectivo de Grandes Almacéns,(ANGED), polo que desde a Federación de Servizos de Galicia iniciamos xuntanzas de todos os delegados/as para preparar estas negociacións.
O obxetivo desta xuntanza :
-
Debatir e propoñer os temas e puntos para a negociación.
-
Elaborar puntos para incluir na plataforma de CCOO.
-
Información e traslación da negociación.
Todos os acordos aos que se chegue trasladaranse á Sección Sindical Estatal, para que, en coordinación co resto de Seccións Sindicais Estatais, elabore a plataforma e negociar o próximo convenio.
CCOO Servizos gaña as eleccións en Zara Ourense
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais celebradas hoxe en Zara Ourense. Despois dun proceso conflitivo, a candidatura proposta polo sindicato logrou tres delegados, mentres que UGT e USO acadaron un e CIG non conseguiu representación.
Resulta especialmente positivo este resultado, así como o apoio recibido polas candidaturas de CCOO tanto no colexio de técnicos como no de especialistas, por canto gaña as votacións nos dous ámbitos electorais e, nesta ocasión, competindo con outras tres candidaturas sindicais, mentres que hai catro anos só se presentara CCOO, que obtivera catro delegados, e CIG un.
ABANCA despide inxustamente. READMISIÓN!!
Abanca despide a un traballador sen motivo xustificado polo que nos concetramos hoxe en Ourense esixindo a súa readmisión. Haberá máis concentracións o 24 e 26 de maio.
CCOO Servizos gaña as eleccións en TEMPE (Grupo Inditex) A Coruña
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as primeiras eleccións sindicais celebradas en Tempe, que se celebraron o día trece de maio. A candidatura proposta polo sindicato logrou unha delegada, mentres que CIG non conseguiu representación a pesar de propoñer dúas candidatas.