Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres 2016
Ante un novo 25 de Novembro, manifestamos o noso máis contundente rexeitamento á insoportable violencia contra as mulleres, unha sanguenta consecuencia da discriminación e da ausencia de prevención, protección e dereitos necesarios para combater o que constitúe unha flagrante violación dos dereitos humanos.
- A Coruña: concentración ás 20 h no Obelisco
- Santiago de Compostela: manifestación con saída ás 20 h da praza do 8 de Marzo
- Lugo: concentración ás 20 h na praza do Concello
- Ourense: concentración ás 20 h diante da Subdelegación do Goberno
- O Carballiño: concentración ás 19:30 h na praza Maior
- Pontevedra: representación ás 19 h na praza da Peregrina
- Vigo: acto simbólico so o título «Desmontando os mitos do amor romántico». De 11:50 a 12:20 h, diante do MARCO ou, se as foren adversas as condicións climáticas, no pavillón do IFEVI. Manifestación ás 20 h con saída da farola de Urzáiz
(*) Esta información irase actualizando nos próximos días
CCOO condena o asasinato dun compañeiro no seu centro de traballo, vítima dun disparo por parte dun cliente
A vítima traballaba como director nunha oficina de Caixabank. CCOO convocou un paro de 5 minutos e concentracións á porta dos centros de traballo mañá, 24 de Novembro ás 12:00h.
Asemblea urxente: Información Convenio Comercio Alimentación (Vigo e Pontevedra)
Despois da última asemblea informativa sobre a situación do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación de Pontevedra, as centrais sindicais representadas na mesa de negociación, CCOO, CIG, UGT e USO, despois de varias reunións e unha mediación, vémonos na obriga de convocar ASEMBLEA URXENTE para explicarvos en que situación se atopan as negociacións.
ASEMBLEA EN VIGO: Día 27 de novembro ás 11:30 hrs. nos locais da CIG, Rúa Gregorio Espino, 47
ASEMBLEA EN PONTEVEDRA: Día 27 De novembro ás 11:30 hrs. nos locais sindicais, Rúa Pasantería.
É IMPRESCINDIBLE A VOSA PARTICIPACIÓN, ACUDIDE!
¡POR UN CONVENIO DIGNO, POR UN CONVENIO XUSTO!
CCOO Servizos renova a súa maioría nas eleccións sindicais en FREMAP Coruña
CC.OO. revalida a súa maioría nas eleccións celebradas onte nos catro centros de Fremap na provincia da Coruña: Coruña, Ferrol, Santiago e Ribeira, cun censo total de 76 electores. Dos 5 representantes
elixidos 4 son de CC.OO. e 1 de UGT.
CC.OO. pasa de 3 a 4 representantes, UGT de 2 a 1, resultado que o sindicato entende como un
recoñecendo das traballadoras e traballadores da empresa ó traballo
realizado por CCOO.
Desde CCOO
queremos agradecer ás traballadoras e traballadores de Fremap Galicia a confianza depositada nesta organización.
«Represión» contra CCOO no Gran Hotel La Toja
A sección sindical de Comisións Obreiras (CCOO) no Gran Hotel La Toja, situado no Grove, denuncia «represión» contra este sindicato, materializada no despedimento de dous membros no mesmo. As rescisións dos contratos fóronlles comunicados nas últimas horas aos representantes das traballadoras e traballadores. Segundo CCOO, as dúas persoas despedidas teñen unha antigüidade de 17 e 34 anos, unha profesionalidade «intachable», así como un «gran traballo sindical» en defensa dos seus compañeiros e compañeiras. Segue