Novo día de folga en #UnitonoOurense cun seguimiento do 100% nas dúas quendas.
Comunicado comité empresa de Unitono Ourense:
Como sabedes tivemos unha reunión extraordinaria coa empresa para tratar a situación actual.
UNITONO di que a súa intención non é deslocalizar ou pechar este centro e que na mesma liña esta Naturgy. Ler máis
CCOO alerta da posible perda de emprego en Unitono en Ourense e critica a Naturgy pola deslocalización de traballo
A Federación de Servizos de CCOO alerta da posible perda de emprego en Unitono no seu centro de chamadas de Ourense e critica a Naturgy (antiga Gas Natural Fenosa) pola deslocalización de traballo que se presta actualmente desde Galicia. Segundo o sindicato, a empresa atribúelle á eléctrica a decisión de levar fóra da comunidade autónoma o servizo, concretamente para unha nova plataforma aberta o pasado marzo en Reus.
Nova xornada de folga en Bosch Service Solutions
Con esta convocatoria, o comité rexeita o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) presentado pola empresa, cuxa negociación finalizou sen acordo. O ERTE abranguerá de xaneiro a xullo deste ano, afecta a case 650 traballadores e traballadoras e xa provocou a finalización de douscentos contratos temporais de persoal externo.
Desde o comité de Bosch sosteñen que o ERTE non está xustificado e incluso ven «mala fe negociadora» por parte da empresa. Por esta razón, amais das mobilizacións, impugnará xudicialmente esta regulación de emprego.
Así non. CCOO non subscribe o acordo en DIA
Medidas traumáticas, présas inxustificadas, falta de plans concretos, indeterminación. Aínda que CCOO conseguiu, grazas a varias xornadas de mobilización e, principalmente, á exitosa folga que protagonizou o persoal, que a empresa introducise melloras no texto, o empeño de DIA de aplicar medidas traumáticas impide que o sindicato subscriba o acordo. Ler máis
A responsabilidade de CCOO é velar polo persoal de DIA e a viabilidade de toda a empresa
Trala reunión mantida hoxe, o número de persoas afectadas sería, finalmente, de 1.586, o que supón unha desafectación de 478 persoas (un 21%). Ofrécense 341 vacantes que poden reducir o numero de persoas afectadas. Se houbese vontade sería relativamente sinxelo alcanzar un acordo unánime e útil para o futuro da entidade. Ler máis