Este xoves, 20 de outubro, ás 18:00 horas, tivo lugar unha nova concentración do persoal do Banco Popular, ante a oficina principal de Vigo, en protesta pola intención de despedir a 2900 persoas nun proceso de Expediente de Regulación de Emprego.
Con estas mobilizacións preténdese demostrar ao banco que non estamos de acordo coa súa proposta de Despedimento Colectivo. Queremos que se reduza o número de persoas implicadas e que quen, voluntariamente desexe finalizar a súa vida profesional no banco, poida facelo dignamente.
Mentres que se pretende despedir a tantas persoas neste proceso de ERE salvaxe, non cesan as prácticas ilegais de prolongación de xornada, que tantas veces se denunciaron ante Inspección de Traballo, ademais de poñer en risco a viabilidade futura da empresa.