Plenario de Constitución da Coordinadora de CCOO Grupo DIA de Galicia
Con motivo da celebración do Plenario de Constitución da Coordinadora de CCOO Grupo DIA de Galicia no marco do proceso do Plenario Estatal, quedan convocadas as persoas afiliadas á Asemblea que terá lugar en Santiago de Compostela o próximo día 8 de Outubro de 2019 ás 11:00 horas.
Xuntamos normas, candidatura, calendario e Plan de Traballo Estatal.
As mobilizacións contra a deslocalización de R empezan a dar froitos
Tras dous meses de mobilizacións do persoal de empresas auxiliares de R, a Federación de Servizos de CCOO constata que están a dar os seus primeiros froitos.
Hai unhas semanas transcendía a noticia da existencia de diversos postos de traballo para a empresa de Contact Center Lanaldel en Euskadi que buscaba persoal que falase galego.
Tras denunciar este feito en varios ámbitos, tanto políticos como medios de comunicación, desde CCOO trasládase recibir a noticia que Euskatel retirou dita oferta de traballo.
Desde a Federación de Servizos de CCOO séguese reivindicando unha reunión urxente coa dirección de Euskaltel que permita solucionar o conflito existente a día de hoxe no persoal das empresas auxiliares de R.
É por iso que nas próximas semanas CCOO fará públicas as mobilizacións que se levarán a cabo no mes de outubro e fai un chamamento á unidade sindical de todos os sindicatos implicados no conflito.
Adquisición de Unitono por parte do grupo GSS
A data 13 de setembro do 2019 comunicóuselle á Sección Sindical de CCOO de Unitono a noticia da adquisición por parte do grupo GSS de varias empresas que pertencen ao grupo Avanza e entre elas UNITONO.
Por parte da dirección da empresa trasladouse á RLT que non vai existir ningún tipo de medida de axuste de persoal e que as empresas funcionarán como unidades de negocio separadas, véndose unificado unicamente a xestión de persoal desde RRHH.
Euskaltel elimina paulatinamente postos de traballo de R
CCOO Servizos Galicia teme que o grupo Euskaltel siga durante os próximos meses coa súa estratexia de redución de postos de traballo de R en Galicia. Tras os despedimentos que leváronse a cabo en xullo, sumouse en agosto a destrución de 36 postos de traballo que se prestaban para R nas empresas de "Universal Support" e "Teleperformance".
Dada esta situación, dende CCOO témese que a destrución de emprego de R decidida polo grupo Euskaltel poda alcanzar até o 50% dos case 800 postos de traballo existentes a día de hoxe segundo a información que se manexa dende o sindicato. Ler máis
Calendario e normas III Plenario Sección Sindical CCOO CAIXABANK Galicia
Por acordo das Comisións Executivas da Sección Sindical Estatal de Caixabank e da Agrupación Estatal do Sector Financeiro aprobáronse as normas reguladoras do III Plenario da Sección Sindical Estatal de Caixabank, cuxa celebración terá lugar en Barcelona os días 27 e 28 de novembro de 2019, e que están dispoñibles na ligazón indicada máis abaixo. Ler máis