Mobilizacións polo convenio de enxeñerías: Tecniberia boicotea a negociación
O pasado mes de Decembro tivo lugar a última reunión da mesa de negociación do XIX Convenio de Enxeñarías e Oficinas Técnicas sen chegar a ningún tipo de acordo entre Tecnibería e os sindicatos presentes na mesma.
Desde CCOO en Galicia, fomos testemuñas da dinámica de negociación que ten a nosa patronal estatal: atrasar a proposta e o debate, dilatar os prazos de reunións, ameazar coa propia desaparición da patronal por motivos económicos e finalmente tentar forzar á parte social a incumprir o Acordo Estatal de Negociación Colectiva asinado entre os nosos maiores: CEOE, CEPYME e as executivas confederais de CCOO e UGT. Todo isto aderezado coa constante ameaza de considerar decaído o convenio ao finalizar o ano de ultraactividade legalmente establecido.
Non serviu de nada tender a man, ofrecer seguir coa negociación oficialmente e dar vixencia e estabilidade ao sector durante a mesma. Nestes momentos, avecíñase un período de incerteza e de alta conflitividade no sector, tanto xudicial como sindical.
Queremos trasladar a preocupación pola situación xerada e pedimos a Ageinco instar a Tecniberia que continúe coa negociación e recoñeza a vixencia do convenio mentres dure a mesma.
Desde CCOO Servizos queremos indicar que esta decisión irresponsable, só pode provocar unha resposta que manifeste nosa máis firme convicción en apoiar, promover e manter na nosa comunidade, todas as mobilizacións necesarias en defensa do convenio colectivo, das condicións laborais do persoal e por tanto do propio sector.
Tecniberia non quere convenio no sector de enxeñerías
TECNIBERIA, asociación patronal estatal do sector de enxeñería, pretende un sector sen convenio colectivo, empresas como APPLUS, AUDINGINTRAESA, AYESA, CTAG, EPTISA, EZQUIAGA ARQUITECTURA, FOSTER WHELER, GETINSA, IDOM, INTECSA, SENER, SUMMA, SGS TECNOS, TÉCNICAS REUNIDAS, TRAGSATEC, TÜV RHEINLAND, TYPSA, poderán ter os seus cadros de persoal coas condicións de traballo sen regular, sen un convenio de referencia, negándose a continuar coa negociación para que o convenio sexa considerado como vencido, amparándose nunha dubidosa interpretación da reforma laboral de 2012. Este é un feito contrastado e publicado por TECNIBERIA na súa páxina web. Compre destacar que se trata dun convenio de por si desfasado e precario en aspectos fundamentais: ler máis
Folga en Unísono
As centrais sindicais presentes a nivel estatal en UNISONO convocaron unha folga de 24 horas para o día de hoxe, a cal foi secundada cun 70% de participación a nivel estatal, sendo o seguimento nos tres centros existentes en Vigo de case un 80%.
A Federación de Servizosde CCOO, a través da súa delegada LOLS Gloria Alonso, estivo dende primeira hora diante do centro de traballo, sito na Avenida de Gran Vía en Vigo, informando ao persoal sobre os motivos que desembocaron nesta folga de 24 horas.
Dende CCOO consideramos que a precarización constante das condicións de traballo, o aumento progresivo de contratacións vía ETT, a nula vontade de negociación dun Plan de Igualdade por parte da empresa, o cambio constante e sen preaviso dos horarios e cambios de quendas, impedimentos constantes ante as solicitudes de reducións de xornada e un longo etc., son motivos máis que suficientes para paralizar o traballo nesta empresa e demostrarlle á dirección dunha vez por todas, que o persoal é o activo máis importante que posúen. Esperamos que esta xornada lle sirva á empresa como toque de atención para mellorar as condicións laborais reinantes en todos os seus centros de traballo e convoque ás distintas centrais sindicais para atopar unha solución negociada ante o conflito xerado.
CALENDARIO LABORAL DE GALICIA 2019
- Festivos locais A Coruña, aquí e aquí
- Festivos locais Lugo, aquí e aquí
- Festivos locais Ourense
- Festivos locais Pontevedra
- Festivos Galicia (DOG)
- Apertura domingos e festivos comercio (DOG)
- Festivos resto comunidades (BOE)