Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña: non imos negociar retrocesos
O día 23 de setembro, a representación da Federación de Servizos participou nunha nova reunión na mesa de negociación do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña.
Tras varias reunións anteriores de intercambio das plataformas de cada unha das partes, por fin entramos en materia.
Ao comezo da reunión, como declaración previa de intencións e tras analizar detalladamente a plataforma presentada pola patronal, a representación de CCOO deixou claro que a negociación deste convenio ten que pasar por mellorar as condicións do convenio, pero xamais entraremos a discutir condicións que empeoren o actual.
Nesta reunión empezamos a tratar artigo por artigo cada un dos diferentes capítulos do convenio, falando principalmente de contratación, categorías e xornada, adquirindo ademais o compromiso dunha reunión semanal para poder avanzar na negociación.
CCOO incidiu primordialmente nesta reunión no grave problema do sector con excesos de xornada e horas extras non abonadas, ademais da situación de precariedade dos contratos de tempo parcial, presentando solucións mediante a colocación de sistemas de fichaxes ou consolidación de horas complementarias para que a xente de tempo parcial poida chegar a ter unha xornada completa e regulada.
A bisexualidade existe
Nesta sociedade binaria onde vivimos, onde parece que todo é branco ou negro, ben ou mal, dentro ou fóra, homosexual ou heterosexual. ..parece que non caben máis opcións, pero en realidade todos somos conscientes de que si as hai, de que se existen máis opcións, matices, cores, opinións ...e dentro destas opcións, tamén están as sexuais, unha gran parte da sociedade considera que se non es heterosexual deber ser homosexual, e que se non es homosexual é porque es heterosexual.
A Unión Comarcal de CCOO de Vigo denuncia «precariedade e riscos para a saúde» no CTAG
A Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo denuncia «precariedade e riscos para a saúde» no Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CTAG). Segundo o sindicato, o CTAG non pode presumir de ser un centro tecnolóxico «punteiro» cando o seu modelo laboral se basea en «salarios miserables», abuso dos contratos temporais e de prácticas, ao tempo que pon en risco a saúde do persoal, cuestión esta que xa levou á apertura dun expediente sancionador.
A Federación de Servizos convoca a unha asemblea aos seus delegados das comarcas de Vigo e Pontevedra
Coa finalidade de expoñer a situación actual da Federación de Servizos de Galicia aos delegados das comarcas de Vigo e Pontevedra, convócase unha asemblea que terá lugar o próximo 26 de setembro ás 17:00 local sindical de Teixugueiras, 11-entrept, 36212 Vigo.
CCOO Servizos gaña as eleccións en Catalana Occidente Vigo-Centro
A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou o/a único/a delegado/a elexible no proceso electoral do pasado día 19 de setembro. Cabe salientar que tanto os tres delegados de Coruña como os tres de Vigo representan a CCOO nas devantitas circunscricións.