Archivado en ERE, Comunicados convenio, Union Intercom. Santiago Barbanza, Hostalaría

É o que máis beneficios xera de toda a rede de Paradores e, a pesar diso, mantense unha for brecha salarial e desigualdades entre traballadores
Hostal dos Reis Católicos: desigualdade entre traballadores, sen convenio e líder en beneficios
O Comité de Empresa do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, integrado polos sindicatos CSIF, CIG, CUT e CCOO, concentrouse este martes, día sete, na Cidade da Cultura coincidindo coa presenza da presidenta de Paradores de Turismo, co fin de reivindicar unha negociación real e a firma dun convenio digno xa que o actual leva oito anos caducado.
O Comité do parador compostelán acudiu a esta concentración farto de reivindicar desde hai tempo a necesidade de que se recuperen as condicións e dereitos que tiñan os traballadores antes do ERE, no que se despediron a 13 persoas, e lembra que ese ERE foi innecesario xa que o Hostal é o parador da rede estatal que máis beneficios aporta. Por iso, insiste en que se restablezan de xeito inmediato as condicións económicas e sociais como son a actualización salarial ou os días de asuntos propios.
Para o Comité de Empresa, a negativa de Paradores de Turismo a negociar supón que se manteñan ano tras ano os acordos dun más que discutible ERE co que se sufriu, ademais de despidos, reducións de xornadas laborais, especialmente no departamento de camareiras de piso, o máis castigado pola regulación de emprego xa que se externalizou o servizo que estas desempeñaban. É mais, os sindicatos denuncian a brecha salarial das camareiras de piso, que cobran menos que os seus compañeiros camareiros de restaurante xa que, inxustamente, teñen una categoría inferior.
Así mesmo, esixen que se termine coas desigualdades entre traballadores da mesma categoría e nivel profesional e que se iguale a prima de produción co resto de empregados da rede de Paradores xa que cobran a metade aínda que, insisten, o de Santiago é o parador que máis beneficios xera.
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Se publica en el BOE el XVIII Convenio de Consultoría y comienza, con ello, a ser de aplicación
El BOCM publica el nuevo Convenio Colectivo de Oficinas y Despachos
Altamira lanza una plataforma online para vender 120.000 inmuebles
Sareb Informe de Actividad 1er Semestre 2020
Ley 31/1995, de 8 de noviembre, de Prevención de Riesgos Laborales