Archivado en Cooperación, Convocatorias

Concentracións o mércores 16 en toda Galicia contra o acordo UE-Turquía para deportar as persoas refuxiadas
Organizacións políticas, sindicais e sociais convocan concentracións en toda Galicia para mañá mércores, día 16 de marzo. Con estas mobilizacións quérese amosar o rexeitamento contra o acordo «inmoral, vergoñoso e ilegal» entre a Unión Europea e Turquía para deportar as persoas refuxiadas.

As organizacións convocantes consideran que esta actuación vulnera a
Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a
Convención do Estatuto do Refuxiado. Ante esta situación, instan o
Goberno español a non apoiar o devandito acordo e convocan os galegos e
galegas a participaren nas mobilizacións.
CONCENTRACIÓNS:
? A Coruña: ás 20 h diante do Obelisco
? Ferrol: ás 20 h diante do edificio da Xunta (praza de España)
? Santiago de Compostela: 20 h na praza do Toural
? Burela: ás 20 h diante do Concello
? Lugo: ás 20 h diante da Subdelegación do Goberno
? Ourense: ás 19:30 h diante da Subdelegación do Goberno
? Vilagarcía de Arousa: ás 20 h na praza de Galicia
? Vigo: ás 20 h diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO)
MANIFESTACIÓN:
? Pontevedra: ás 20 h desde a praza da Peregrina ata a Subdelegación do Goberno
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Se publica en el BOE el XVIII Convenio de Consultoría y comienza, con ello, a ser de aplicación
El BOCM publica el nuevo Convenio Colectivo de Oficinas y Despachos
Altamira lanza una plataforma online para vender 120.000 inmuebles
Tomadura de pelo
Ley 31/1995, de 8 de noviembre, de Prevención de Riesgos Laborales