Archivado en Comunicados, Divulgacion

Convocatorias Asembleas Empresas Agrupadas

PROCESO CONGRESUAL FUSIÓN COMFIA-FECOHT

Entre os días 10 e 14 de Febreiro, segundo as normas congresuais aprobadas, ha de convocarse a toda a afiliación de COMFIA, para que poida participar nas asembleas congresuais que lles corresponda.


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

Os afiliados e afiliadas de empresas de 25 ou máis afiliados en cada provincia, participarán en asembleas convocadas dende as súas respectivas Seccións Sindicais.

Os afiliados e afiliadas daquelas empresas cuxo censo afiliativo sexa inferior a 25 persoas participarán agrupados nas seguintes asembleas, convocadas todas elas por COMFIA Galicia.

 

A Coruña - 12 de marzo 

  • Outras empresas agrupadas do sector financeiro,
  • Empresas agrupadas do sector Seguros, Mutuas, Mediación e Prevención
  • Empresas agrupadas do sector Servizos Administrativos  

Na provincia da Coruña, a vía de participación do persoal laboral do "Sindicato Nacional de CCOO de Galicia", será unha asemblea de empresa organizada e convocada por COMFIA Galicia, xa que neste ámbito non se conta con sección sindical constituída.


Lugo - 12 de marzo

  • Outras empresas agrupadas do sector financeiro,
  • Empresas agrupadas do sector Seguros, Mutuas, Mediación e Prevención
  • Outras empresas agrupadas

 

Ourense - 10 de marzo

  • Outras empresas agrupadas do sector financeiro
  • Outras empresas agrupadas

 

Pontevedra - 14 de marzo

  • Outras empresas agrupadas do sector financeiro,
  • Empresas agrupadas do sector Seguros, Mutuas, Mediación e Prevención
  • Outras empresas agrupadas

Neste ámbito, e por razóns de operatividade, o órgano convocante das distintas asembleas será COMFIA Galicia.


CUESTIONS COMÚNS

Segundo o previsto nas normas congresuais, o conxunto dos afiliados recibirán convocatoria a medio de correo electrónico, SMS ou correo postal no enderezo que figure no SIC (Servizo Informático Confederal).

Todas as asembleas constarán de fase deliberativa e fase electiva. A fase deliberativa (debate dos documentos, debate e votación das emendas presentadas e votación dos documentos) comezará ás 18.00 h. Para a fase electiva, a urna permanecerá aberta desde unha hora antes, desde as 17.00 até as 20.00 h., momento en que se procederá ao escrutinio.

Poderán participar nas asembleas as persoas afiliadas a 31.12.2013 que estean ao corrente de pago, con polo menos un recibo abonado. O censo correspondente estará dispoñible para a súa consulta por parte dos afiliados e afiliadas nas sedes provinciais de COMFIA.

Poderanse presentar reclamacións ao censo provisional no tres días seguintes á súa publicación. Esta reclamación presentarase directamente ao órgano convocante (COMFIA Galicia, Secretaria de Organización), que a remitirá automaticamente á Federación Estatal para a súa resolución. A comunicación da resolución federal e dos prazos para recurso á mesma que podería interporse ante a Confederación, efectuarase por parte do órgano convocante (COMFIA Galicia, Secretaria de Organización) á persoa reclamante nos prazos establecidos nas normas aprobadas.

Os censos definitivos publicaranse nos locais do órgano convocante a partir do día 21 de febreiro de 2014.

As candidaturas para as eleccións previstas nesta convocatoria (Asemblea Congresual COMFIA Nivel II – Provincial e Congreso Constituinte Nova Federación Nivel II – Provincial), deberán presentarse do 24 ao 26 de febreiro de 2014 no modelo oficial aprobado ao efecto, que está a disposición de todas as persoas interesadas nos locais federais. A presentación efectuarase ante o órgano convocante: COMFIA Galicia, dirixido á Secretaria de Organización, debendo cumprir os requisitos establecidos nas normas (fotocopias DNI’s, proporción por xénero, mínimo de 20% de suplentes, etc.).

As candidaturas presentadas proclamaranse provisionalmente o 27/2/2014, podendo presentarse reclamacións mediante o mesmo procedemento indicado para a reclamación ao censo.

A proclamación definitiva de candidaturas efectuarase entre o 3 e o 6 de marzo de 2014 en función de que haxa ou non reclamacións.


DOCUMENTOS PARA O DEBATE

 

 



Artículos más leídos hoy

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es