Archivado en Comunicado breve, ERE, Union Comarcal Vigo, Contact Center, Accion sindical

Concentración contra o ERTE anunciado por Bosch en Vigo


Bosch Services ERTE Vigo

Hoxe venres, quince de marzo, concentrámonos diante de Bosch Services Vigo para expresar o noso rexeitamento polo ERTE anunciado para ese centro de traballo.

 
A empresa achegou documentación xustificativa para esta regulación de emprego. Con todo, para nós non abonda, xa que se alude a causas organizativas que non fican demostradas sobre o papel.

A causa probable estaría relacionada co ERE de Vodafone, un dos seus principais clientes, pero Bosch non detallou o impacto que tería para a súa empresa e, sen resolver iso, presenta o ERTE.

O ERTE afectaría a 800 persoas, con períodos de suspensión entre os dez días e os dous meses. Así mesmo, foron despedidas 200 persoas que prestaban servizos a través de empresas de traballo temporal.