Archivado en Nota de prensa, Unión Comarcal A Coruña, Union Comarcal Ferrol, Union Intercom. Santiago Barbanza, Union Comarcal Lugo, Unión Comarcal A Mariña, Union Intercom. Ourense, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Union Comarcal Arousa, Sector Financeiro

Tras os procesos de reestruturación no ámbito, o sindicato líder do sector centrará os esforzos na calidade do emprego

O sector financeiro de CCOO renova órganos co reto de lograr unha solución non traumática no ERE do Pastor-Popular-Santander


executiva sector financeiro galicia
O II Plenario da agrupación do sector financeiro da Federación de Servizos de CCOO de Galicia, que tivo lugar na Coruña, reelixiu hoxe a Francisco Villares Cousillas como secretario xeral. Os delegados e delegadas tamén votaron os membros da Comisión Executiva que dirixirá os próximos catro anos esta agrupación.


pdf
print
pmail
O plenario aprobou por unanimidade unha resolución na que se lle esixe ao Banco Santander unha solución non traumática para o axuste de persoal no grupo bancario. CCOO considera que isto pode conseguirse en boa medida mantendo en Galicia a marca Banco Pastor, xa que a galega é, xunto coa asturiana, case a única comunidade en que a maioría das oficinas presentan duplicidades coas marcas actuais.

Alén desta proposta, CCOO apunta outras alternativas, como medidas de mobilidade funcional e redución «considerable» das idades de prexubilación inicialmente previstas polo banco.

Sindicato líder no sector financeiro

Comisións Obreiras é o sindicato líder no sector financeiro galego, cun 31 % de representación, segundo os resultados das eleccións sindicais nos sectores do aforro, banca, cooperativas de crédito e outros intermediarios financeiros.

Malia o contexto negativo en que tivo que facer o seu traballo, CCOO logrou no último período boa parte dos obxectivos propostos. Entre outros, destaca a preservación do marco sectorial de negociación colectiva ?asináronse os convenios da banca, aforro, rurais e financeiras?, minimizando así a aplicación da reforma laboral. Tamén se gañaron as eleccións sindicais e conseguíronse acordos satisfactorios na maioría dos procesos de reestruturación das empresas do ámbito.

Loita contra a prolongación da xornada

A defensa do emprego e o mantemento da súa calidade tras estes procesos de axuste son prioridades de CCOO para o novo período. Neste punto, CCOO fará fincapé na loita contra a prolongación sistemática da xornada, pois dificulta a conciliación familiar e laboral ?especialmente no caso das mulleres? e deteriora a saúde das persoas.