Tras o seguimento masivo dos paros parciais convocados o 8 de marzo elévase a tensión do conflito pola negociación do convenio sectorial que leva 27 m

Concentracións nas sedes das grandes empresas clientes de Contact Center

Concentración Contact Center

 Ante a imposibilidade de negociación coa patronal do sector de Contact Center, CEX, e as actuais circunstancias que precarizan cada vez máis o persoal, ás organizacións sindicais non queda máis camiño que o de elevar o ton da protesta para dignificar estas condicións de traballo.

O 22 de febreiro comezaron as mobilizacións convocadas por CCOO e UGT con asistencia masiva por parte do persoal cuxa situación é límite ante o devir dos acontecementos. Estase a reclamar unha maior presión cara ás empresas para saír da precariedade na que están estancadas: baixos salarios, abusos das xornadas parciais, dificultade para conciliar, riscos psicosociais polos elevados niveis de esixencia dos servizos, etc.

Un dos graves problemas aos que se enfronta as traballadoras de Contact Center é que as subidas de prezos de produtos de consumo (IPC) non se está vendo reflectida en actualización salarial algunha o que esta provocando un empobrecimiento sistemático destas traballadoras. Tampouco se está cumprindo coa lei vixente no sector xa que non se está respectando a Lei de Teletraballo, de tal modo que as empresas seguen utilizando esta modalidade sen regulación e sen recoñecer o dereito a percibir unha compensación polos gastos xerados. E non se está respectando a lexislación sobre transparencia e igualdade retributiva e as empresas do sector continúan sen realizar auditorías.

Desde CCOO advírtese á patronal de que a escalada de tensión neste conflito non vai cesar ata que sente a negociar e adquira unha posición de respecto e de compromiso ante un persoal que xa non pode aguantar máis.


A mobilización pasará por diante das principais empresas do sector e dos seus grandes clientes

As traballadoras e traballadores dos centros de chamadas maniféstanse na Coruña en defensa do seu convenio

concentración convenio contact center

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia informa de que as traballadoras e traballadores dos centros de chamadas (contact center) se manifestarán na Coruña o venres en defensa do seu convenio colectivo. Segundo o sindicato, as negociacións están bloqueadas por mor da actitude da patronal. A mobilización partirá do Obelisco e rematará na praza de Mina, pasando o seu percorrido por diante das principais empresas do sector e dos seus grandes clientes.

Deste xeito, a marcha transitará por diante das instalacións de centros de chamadas como Teleperformance, Konecta, Gestión C, Prosegur Avos ou DXC Techonology, así como das oficinas de Abanca, Santander, BBVA, Caixabank ou R Cable, principais destinatarias en Galicia dos seus servizos. Ler máis


Lento avance no convenio de Comercio Alimentación Coruña

convenio comercio alimentación Coruña

Discutimos sobre os novos modelos de contratación e a aplicación da reforma laboral para conseguir unha maior estabilidade da contratación indefinida. Aínda que para nós este tema é moi importante, desde logo non pode ser o único en que centrar a negociación.

Demos tamén contestación a algunha das propostas da patronal:

  • Non podemos asinar, como pretenden, un convenio a 8 anos coa incerteza actual e sen un compromiso de mantemento do poder adquisitivo se o IPC segue polas nubes.

  • Non cremos necesario incrementar os períodos de proba para as novas contratacións.

  • Non estamos dacordo no tratamento que pretenden dar a algunhas licenzas.

  • E o que é incocebible a estas alturas é que sigamos sen saber que pretenden propor como incremento salarial.

CCOO entenderá un intento de paralizar a negociación de forma inxustificada se na próxima reunión que se celebrará o día cinco de abril, a patronal non trae unha proposta de incremento salarial,

Xa é hora de que a patronal saia do seu inmobilismo, de que aporte unha proposta salarial e de empece a falar con seriedade doutros temas importantes como por exemplo:

  • Xornada de traballo: Redución Xornada Anual, Xornada Continua.

  • Fins de Semana de Calidade: Garantir un Mínimo Anual.

  • Licenzas Retribuidas: Melloras e recoñecemento real de parellas de feito.

  • Eliminación do Grupo IV: Que se usa para reducir salarios inxustificadamente.


Chámase a un seguimento masivo nas mobilizacións para o mes de marzo

A patronal de Contact Center resístese a aplicar a Reforma Laboral

convenio contact center

O 21 de febreiro levouse a cabo unha asemblea de delegados/as do sector de Contact Center de Galicia na que interviron a secretaría xeral da Federación de Servizos de Galicia, Lucía Trenor, o secretario de acción sindical Juan Zas, o responsable do sector de Contacr Center en Galicia Xosé González, e o responsable de Servizos Técnicos Iván Cordeiro.

Nas intervencións expuxéronse ante os participantes, delegados e delegadas do sector en todas as provincias da comunidade autónoma, temas de total actualidade no sector, tales como:

  • Situación da negociación colectiva no Contact Center.
  • Calendario de mobilizacións para defender a plataforma sindical.
  • Importancia do labor da Representación Legal das Persoas Traballadoras RLPT nas empresas.
  • Afectación dos últimos decretos do Goberno: Reforma Laboral; Plans de Igualdade e Auditoría Salarial; Salario Mínimo Interprofesional.

Ler máis


Antes a pésima organización da campaña de Superlínea e a acumulación de incidencias

O persoal de Universal Support volve a mobilizarse por acumulación de irregularidades

Concentración Universal Support (G Konecta)

O comité de empresa de Universal Support (grupo Konecta), que se dedica ao sector dos centros de chamadas, convocou unha xornada de mobilización hoxe luns día catro. O obxectivo, reclamar a subsanación das numerosas incidencias detectadas na campaña Superlínea:

  • Obrigatoriedade de traballar os festivos estatais
  • Traballo en fin de semana
  • Pésima calidade e escasa cantidade de formación
  • Non respecto á regulación do convenio das xornadas irregulares
  • Denegación de días de libranza
  • Denegación da consolidación das ampliacións de xornada
  • Inexistencia de tempo entre chamadas
  • Premios e incentivos inalcanzables e mal remunerados
  • Existencia da figura de apoio non recollida no convenio e polo tanto non remunerada
  • Non publicación de postos libres de coordinación e quality
  • Non consolidación da categoría de coordinador en teleoperadores que levan máis de 6 meses prestando ese servizo
  • Existencia de persoal con contrato eventual máis tempo do autorizado por convenio

Acordouse convocar mobilizacións tamén os días:

Paros día 11/10/2021 de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00. Concentración no centro de Bergondo

Paros día 18/10/2021 de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00. Concentración no centro de Bergondo

 


A empresa pretende obrigar a 81 persoas que traballan na Coruña a facelo desde Bergondo

O persoal de Universal Support mobilízase contra os traslados

concentración Konecta

O comité de empresa de Universal Support (grupo Konecta), que se dedica ao sector dos centros de chamadas, convocou esta semana dúas xornadas de mobilización, o luns día 20 e hoxe mesmo, xoves 23. O obxectivo, rexeitar o traslado de 81 traballadores e traballadoras da Coruña a Bergondo.Ler máis


Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones