Archivado en Comunicado breve, Huelga, ERE, Unión Comarcal A Coruña, Sector Financeiro, Accion sindical

Seguimento masivo da folga en BBVA e do paro parcial en CaixaBank


Folga BBVA

Un 84% do persoal de Caixabank seguiu o paro parcial de media hora convocado por todas as forzas sindicais na empresa.

En BBVA as cifras de seguimento da folga* son estimativas e aínda que que o banco ten 2.500 centros de traballo, *consideramos que estas superan o 70% do persoal. Ler máis

 


BBVA

Recompiladas a nivel estatal, as cifras medias de peche de oficinas oscilan entre o 75% en Zaragoza e o 100% a maioría de provincias de Andalucía, por exemplo.

As cifras de seguimento da folga* son estimativas e aínda que que o banco ten 2.500 centros de traballo, consideramos que estas superan o 70% do persoal.

Nas concentracións desta mañá en 28 cidades de toda España, a cifra de asistentes supera as máis de 7.500 persoas participantes

 

Caixabank

A pesar desta primeira demostración de forza, a Dirección respondeu rexeitando todas as alternativas expostas polos sindicatos na reunión de hoxe.

O persoal volverá mobilizarse a próxima semana contra as formulacións salvaxes da Dirección.

 

- 7 DE XUÑO PARO DE 1 HORA (11:00 a 12:00)

- 9 DE XUÑO FOLGA XERAL (Día 10 ultimo día de período formal de negociación)