CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións
O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodía (das 12:00 ás 14:00).
CCOO Servizos consegue a maioría absoluta e mellora resultados nas eleccións de DIANA PROMOCIÓN (A Coruña)
Hoxe martes, oito de agosto, celebráronse eleccións na empresa DIANA PROMOCIÓN S.A., Provincia da Coruña.
Estas eleccións corresponden ao persoal de traballadores e traballadoras externos, adicadas a actividades de reposición "MERCHAN" nos centros de traballo de Alcampo Coruña, Alcampo Santiago, Carrefour Alfonso Molina, Carrefour Os Rosales e Carrefour Coristanco, co seguinte resultado: CCOO 4 - UXT 1.
Este resultado mellora a representación anterior de CCOO incrementado nunha delgada o resultado de fai catro anos.
CCOO Servizos amosa o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza en Comisións Obreiras.
CCOO Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e traballadoras xa que con este resultado se renova o compromiso adquirido nas urnas e ponse a disposición para continuar defendendo os intereses laborais.
CCOO reitéralle ao Santander a petición dunha reunión formal sobre a adquisición do Popular
A sección sindical de CCOO-Servizos no Banco Santander reiteroulle hoxe á entidade, como principal interlocutora, unha reunión formal para que informe sobre a adquisición do Banco Popular. O sindicato demanda «axilidade» para ter canto antes información «de primeira man» sobre este proceso, alén do que diariamente se publica nos medios de comunicación e que está a xerar «intranquilidade» nos cadros de persoal de ambas as dúas empresas. Segue
A Federación de Servizos de CCOO continúa a rolda cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia continúa a rolda de conversas cos grupos parlamentarios galegos para abordar a problemática xurdida por mor da venda do Grupo Banco Popular. Tras as xuntanzas do martes con En Marea e PP, hoxe tivo lugar unha reunión con representantes do Grupo Parlamentario Socialista. Segue
A Federación de Servizos de CCOO reúnese cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia está a manter reunións cos distintos grupos parlamentarios galegos para abordar a problemática xurdida por mor da venda do Grupo Banco Popular ao Banco Santander. Hoxe celebráronse reunións cos grupos políticos En Marea e Partido Popular , estando previsto para mañá, día 14, un encontro co PSG.
Nas xuntanzas de hoxe, a delegación de CCOO-Servizos estivo integrada pola secretaria xeral, Lucía Trenor, a responsable da sección sindical do Banco Popular, Carmen Peteiro, e polo responsable do sector financeiro de CCOO, Francisco Villares. Segue