Archivado en Sector Financeiro, Normas

Calendario e normas III Plenario Sección Sindical CCOO CAIXABANK Galicia


caixabank galicia

Por acordo das Comisións Executivas da Sección Sindical Estatal de Caixabank e da Agrupación Estatal do Sector Financeiro aprobáronse as normas reguladoras do III Plenario da Sección Sindical Estatal de Caixabank, cuxa celebración terá lugar en Barcelona os días 27 e 28 de novembro de 2019, e que están dispoñibles na ligazón indicada máis abaixo. Ler máis


Corresponde á Federación de Servizos de Galicia o desenvolvemento das normas estatais no referente á celebración do Plenario desta Comunidade. Coa aprobación destas normas queda convocado o III Plenario da Sección Sindical de CCOO en CAIXABANK GALICIA que se celebrará o próximo 30 de outubro de 2019 en Santiago de Compostela.

Obxectivos:

  • Potenciar a participación da afiliación no proceso.
  • Debater e presentar as emendas, se se estima dos documentos do Plenario Estatal.
  • Elección da delegación de Galicia ao III Plenario Estatal.
  • Elección da Comisión Executiva da Sección Sindical Caixabank de Galicia.
  • Elección do/a Secretario/a Xeneral da Sección Sindical Caixabank de Galicia

 

Calendario:

13.09.19

Data límite para o envío da convocatoria, Normas do plenario e documentos a debateao conxunto da afiliación

Do 16 ao 24 09.19

Posta a disposición polas federacións territoriais dos censos  electorais para a revisión da inclusión individual pola afiliación e período de reclamacións aos mesmos (4 + 4 días laborables)

30.10.19

III Plenario da Sección Sindical de Caixabank de Galicia.

15.11.19

Data límite para o envío da acta do Plenario de Galicia ás secretarías de organización da Sección Sindical Estatal de Caixabank e da Federación de Servizos de CCOO de Galicia.

27 e 28  11.19

Plenario da Sección Sindical Estatal de CAIXABANK

 

Plenario de Galicia

  • Asistencia ao Plenario de Galicia.

O Plenario estará integrado por todas as persoas afiliadas ao corrente de pago de cotas a data de convocatoria, que asistan ao mesmo e que será convocada directamente pola Federación de Servizos de CCOO de Galicia, por medios telemáticos.

Neste plenario de afiliadas e afiliados, discutiranse os relatorios/documentos estatais que se fará chegar xunto coa convocatoria á afiliación.

 

  • Normas Do Plenario

O Plenario comezará ás 17:30 horas do 30 de outubro de 2019 na sede do Sindicato Nacional de CCOO en Santiago de Compostela.

A mesa ou presidencia do Plenario estará composta por tres persoas: dúas persoas elixidas entre a afiliación presente ao Plenario de Galicia e unha persoa en representación da Federación de Servizos de Galicia. A Mesa elixirá os seus membros a unha Presidenta ou un Presidente, que dirixirá os debates do Plenario, garantindo o cumprimento da orde do día e unha Secretaria ou Secretario que tomará nota de canto suceda no Plenario. Conxuntamente, levantarán acta dos acordos adoptados e os órganos elixidos, da que enviarán copia ás organizacións de ámbito superior.

A Mesa asumirá as funcións da comisión de credenciais e a comisión de candidaturas.

Funcións:

- Abrir o Plenario e presentar a súa orde do día.

- Elixir, de entre os/os membros, ao Presidente/a, Secretario/a de Actas e Secretario/a que se responsabilice do reconto das votacións.

- Presidir o Plenario, ordenar e dirixir os debates concedendo.

- Establecer o tempo para as intervencións podendo modificar os horarios e/ou a orde do día, se fose necesario, de acordo co Plenario.

- Propor as votacións necesarias

- Vixiar o cumprimento das Normas e interpretalas en caso de dúbidas ou inconcreccións.

- As súas decisións serán aprobadas por maioría simple das persoas membros.

 

As listaxes de candidaturas que se presenten deberán estar avaladas, como mínimo, polo 10% das persoas afiliadas presentes no Plenario.

Cada persoa afiliada asistente ao plenario non poderá avalar máis dunha candidatura.

O Plenario discutirá as emendas presentadas pola afiliación. As mesmas serán consideradas maioritarias e minoritarias en función do número de votos que obteñan (10% como mínimo para pasar ao Plenario Estatal).

O Plenario elixirá Secretaria /ou Xeral e a Executiva da Sección Sindical de Galicia.

O Plenario elixirá ás 4 persoas que asistirán ao Plenario da Sección Sindical Estatal.

A composición das candidaturas, delegacións e órganos debe respectar a proporcionalidade de xénero, seguindo os Estatutos Federais e Confederais.

A presentación e votacións de candidatura ou candidaturas rexeranse polas normas congresuais do sindicato.

As votacións para a elección dos órganos realizaranse mediante votación secreta. En caso de presentarse máis dunha candidatura, cada unha destas poderá nomear un/a interventor/a para que estea presente no acto de escrutinio.

 

Proposta de orde do día

- Acreditacións

- Inicio de Plenario e aprobación da Orde do día e Regulamento. Constitución da Mesa do Plenario.

- Intervención da Secretaria Xeral da Federación de Servizos de Galicia

- Presentación e debate dos documentos. Discusión das emendas. Votacións.

- Presentación informe acreditacións. Finalización prazo presentación candidaturas.

- Lectura e votación das resolucións se as houber.

- Elección da Delegación no Plenario Estatal da Sección Sindical.

- Elección Secretaría Xeral.

- Elección da Executiva da Sección Sindical de Galicia.

- Intervención de Secretaria/ou territorial electa/o.