O Congreso extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa terá lugar o 27 de xullo

Unión Comarcal Arousa

O vindeiro día 27 de xullo de 2018 terá lugar o congreso extraordinario da U.C. de CCOO de Arousa convocado pola comisión xestora da U.C. de Arousa.
Como afiliado, afiliada, ao sindicato, tes o dereito a ter voz e voto e participar nesta renovación de CCOO (segue)


CCOO Servizos obtén toda a representatividade nas eleccións de Novotec A Coruña

Eleccións novotec

O pasado 13 de abril celebráronse eleccións na empresa Novotec Consultores na Provincia de Coruña, obtendo un total de teres das tres delegadas de persoal elixibles.

Novotec pertence ao grupo APPLUS e adícase a  desenvolver solucións integrais nas áreas de xestión de calidade e procesos, medio ambiente e sostibilidade, seguridade e saúde laboral.

CCOO Servizos quere amosar o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza en Comisións Obreiras. Grazas á confianza depositada en nós, pasamos de ter dúas delegadas de persoal no anterior proceso electoral a obter tres delegadas nestas eleccións.

CCOO Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e traballadoras amosando o noso compromiso para levar a cabo o mellor traballo posible en defensa dos intereses de todo o persoal.


Masivo seguimento dos paros de dúas horas, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Tamén participación masiva nas mobilizacións

CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións

8M Galicia

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodía (das 12:00 ás 14:00). 


Delegadas do sindicato participaron nun encontro sectorial na Coruña que serviu para informar e denunciar este tipo de situacións

CCOO denuncia as dificultades para a igualdade efectiva entre homes e mulleres no sector dos servizos

Encontro 8M

Delegadas de Comisións Obreiras denuncian as dificultades para a igualdade efectiva entre homes e mulleres no sector dos servizos. Nun encontro sectorial que o sindicato organizou o mércores na Coruña co gallo da folga do vindeiro día 8, representantes de CCOO en diferentes empresas relataron as eivas detectadas no seu día a día, tanto do punto de vista profesional coma sindical.


Precariedade e cambio tecnolóxico: dous retos para a recén constituída Agrupación de Servizos Técnicos e Administrativos

O II Congreso da Federación de Servicios de CCOO determinou nos seus relatorios e Estatutos que o Consello Federal aprobaría durante o presente mandato a integración de Servizos Administrativos e Servizos Técnicos. Cabe salientar que a nova agrupación recolle os sectores de: Servizos Administrativos, Seguros e Mutuas de Accidentes de Traballo, Planificación e Consultorías (TIC), Contact Center, Enxeñerías e Inspección Técnica e Intermediación Laboral.

Esta nova estrutura presenta aínda máis diversidade tendo en conta os distintos sectores que recolle a nova agrupación, ademais de retos organizativos e de acción sindical máis amplos, tales como combatir a precariedade e dotarse de novas ferramentas ante o cambio tecnolóxico e a dixitalización no traballo.

A celebración deste Plenario de integración supón unha continuidade do proceso iniciado en 2014, así como unha importante ampliación do seu ámbito funcional e sectorial que dá lugar a unha nova realidade organizativa que require novos órganos de dirección. Neste caso, unha vez realizadas as votacións queda elixido como responsable da coordinadora da agrupación Héctor Ortega Sánchez.

O presente plenario debe servir para integrar, ilusionar, comprometer e construír un sector que integrará unha ampla gama de subsectores, con heteroxeneidade nas súas características e maior variedade dos seus modelos de negociación colectiva.






Proclamación Candidaturas plenario de integración da Agrupación de Servizos Técnicos e Servizos Administrativos

CCOO Servizos


Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones