25 DE NOVEMBRO. Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
CCOO e UGT convocan concentracións nas comarcas de Galicia pola mañá.
A Secretaría da Muller
de CCOO de Galicia chama á cidadanía galega a participar nestas
concentracións e tamén nos actos convocados pola Plataforma de Mulleres
de Galicia.
Queremos concienciar a toda a
sociedade sobre a insoportable extensión da violencia, de todas as
violencias machistas: a que sofren as mulleres a mans das súas parellas
ou ex-parellas, o acoso sexual e por razón de sexo no traballo, a
intimidación na rúa, o acoso na Internet, o abusivo control con que son
subxugadas as mozas e, en especial, as terribles consecuencias que estes
ataques carrexan na saúde, a integridade, a dignidade e a vida laboral
das mulleres.
Galicia e CCOO, moi presentes na manifestación pola erradicación das violencias machistas
Centos de milleiros de persoas percorreron o pasado sábado as rúas de Madrid para denunciar a violencia machista e instar á adopción de medidas para erradicala. Nesta masiva marcha estiveron moi presentes Comisións Obreiras e Galicia. As diferentes estruturas do sindicato implicáronse activamente para que a manifestación fora un éxito.