Archivado en Nota de prensa, Mobbing, Unión Comarcal A Coruña, Union Intercom. Santiago Barbanza, Union Comarcal Vigo, Accion sindical

A sentenza condena á Fundación ao cesamento inmediato de tal comportamento antisindical así como aboar unha idemnización de 15.000 euros

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia condena á Fundación Monte do Gozo (Proxecto Home Galicia) por actitude antisindical


proxecto home galicia

 Tal e como ven denunciando dende o ano 2017 a Federación de Servizos de CCOO de Galicia en diferentes reunións, mobilizacións e roldas de prensas, os informes da Inspección de Traballo da Coruña e Vigo recoñecían irregularidades graves na actuación da empresa e xeraban por iso unha
serie de requirimentos e sancións. Súmase agora unha sentenza do TSXG de Galicia de data 23 de xullo de 2019, na que se ratifica de forma contundente a ACTITUDE ANTISINDICAL contra CCOO, contra a súa delegada e afiliadas e afiliados na Fundación Monte do Gozo, Proxecto Home Galicia. Ler máis



pdf
print
pmail

A sentenza é demoledora tanto no relativo aos feitos probados, como aos fundamentos de dereito, nos que o tribunal fala de presións á hora de dirixir o voto contra CCOO, da manipulación por parte do xerente para tentar conseguir un convenio de empresa que empeore as condicións laborais do persoal e a represión interna tanto cara á afiliación de CCOO e a todas as persoas que discrepan coa actitude autoritaria e caciquil que se vive nos centros.
A sentenza do TSXG Condena á Fundación monte Do Gozo-Proxecto Home Galicia ao cesamento inmediato de tal comportamento antisindical así como a abonar ao Sindicato demandante unha indemnización de 15.000 euros polos danos morais provocados e pola súa conduta antisindical.
Esta indemnización, súmase ás importantes cantidades que A Fundación tivo que pagar en concepto de sancións á Inspección de Traballo e  indemnizacións a traballadoras despedidas de forma improcedente tal e como recoñecen diferentes sentenzas xudiciais.
CCOO xa ten manifestado en roldas de prensa a xestión irresponsable da Fundación monte Do Gozo-Proxecto Home Galicia: non ten o máis mínimo escrúpulo en destinar miles de euros do diñeiro procedente de subvencións e doazóns, ao pago de sancións e indemnizacións, mentres mantén unha
situación de precariedade no seu persoal que afecta gravemente á atención dos usuarios e usuarias dos seus centros, sen que a administración ou o padroado, coñecedores destes feitos, tomen ningún tipo de medida respecto diso.