Archivado en Nota de prensa, Empleo, ERE, Union Comarcal Arousa, Hostalaría

Despedimentos Gran Hotel La Toja

O sindicato convoca aos seus delegados a asistir ao xuízo dos compañeiros despedidos mañá ás 10:45 diante dos Xulgados de Pontevedra

Xuízo polo despedimento de dous delegados de CCOO no Gran Hotel La Toja

Mañá xoves, día 4 de maio, terá lugar en Pontevedra o xuízo polo despedimento de dous delegados de CCOO no Gran Hotel La Toja (O Grove), complexo hoteleiro xestionado polo grupo Hotusa. Por tal motivo, o sindicato convoca aos seus delegados e afiliados a asistir ao xuízo no Xulgado de Pontevedra.

CCOO xa denunciou meses atrás «represión» contra este sindicato por parte da dirección do hotel grovense, actitude materializada no despedimento de dous delegados sindicais que reiteradamente esixiran o cumprimento dos compromisos adquiridos por Hotusa tras a aplicación dun expediente de regulación de emprego (ERE).

As dúas persoas despedidas teñen unha antigüidade de 17 e 34 anos, unha profesionalidade «intachable», así como un «gran traballo sindical» en defensa dos seus compañeiros e compañeiras. As persoas despedidas denunciaban incumprimentos da cadea hoteleira, como o non pagamento das horas extras realizadas durante a vixencia do ERE. Segue


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

Promesas incumpridas

Desde a Unión Comarcal de CCOO de Arousa criticamos a «hipocrisía» dos responsables de Hotusa, pois cando se fixeron cargo das instalacións -hai máis un ano-, prometeran garantir todos os postos de traballo, amais de respectar as condicións laborais de todo o persoal por escrito nun documento asinado por todos os traballadores afectados.

Desde CCOO lembramos que o Gran Hotel era un «referente» na hostalaría galega, pero que a consecuencia do ERE, dos recortes e da sobrecarga de traballo do persoal, padeceu unha «notable deterioración» tanto en mantemento como nos servizos ofertados. CCOO Arousa denunciamos , asemade, que o incremento da carga de traballo se fixo mantendo «salarios de miseria», incluso o caso dun traballador ao que se lle propuxo ser xefe de mantemento, con localización telefónica as 24 h, por só 900 euros mensuais.

Ante este estado de cousas, desde a Unión Comarcal de CCOO de Arousa preguntámonos onde está o «investimento millonario» que se prometera para que o Gran Hotel contase con «emprego de calidade» e seguise a «crear riqueza na comarca» e no pobo de O Grove.

Vilagarcía de Arousa. 3 de maio de 2017

SECRETARÍA XERAL UNIÓN COMARCAL DE AROUSA

630969055 | ciglesias@galicia.ccoo.es

Artículos más leídos hoy

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es