Archivado en Comunicado breve, Empleo, ERE, Hostalaría
ERTE sen acordo no hotel EUROSTARS ATLANTICO CORUÑA
O xoves, 18 de marzo, a representación sindical de CCOO no Hotel Eurostars Atlántico da Coruña, decidiu asinar sen acordo a acta final do período de negociacións dun ERTE promovido pola empresa e que afecta ao persoal do hotel.
As razóns polas que a representación sindical de CCOO decidiu asinar SEN ACORDO son as seguintes: Ler máis
-
Galena Hotels “Eurostars Atlántico da Coruña” promoveu un ERTE antes do período de Estado de Alarma o pasado 14 de marzo.
-
Desde a representación de CCOO solicitáronse varias medidas para paliar os efectos deste ERTE, entre elas:
-
O cambio a ERTE de Forza Maior, para que o persoal puidese acollerse ás medidas do RD 8-2020, que beneficia coas súas condicións e de forma substancial ás persoas afectadas por un ERTE con motivo do COVID-19.
-
Un complemento salarial para que a empresa abonase a diferenza entre o que se cobra como prestación do desemprego e a nómina de cada traballador.
-
A empresa negouse a aceptar ningunha destas medidas e decidiu seguir adiante cun ERTE que non só non recolle ningunha das melloras aprobadas polo goberno para o persoal, senón que ademais renuncia á subvención que podería recibir no pago de cotizacións dos traballadores e traballadoras do hotel.
É incomprensible esta actitude, cando ademais e de forma especialmente gravosa, impide o cobro de prestacións por parte de calquera traballador do hotel que non teña cotización suficiente e que quedaba amparado para poder facelo polo Real Decreto do Goberno.
Desde CCOO cremos que Galena Hotels “Eurostars Atlántico da Coruña”, aínda está a tempo de rectificar esta medida, pechar o ERTE actual e promover un novo en base ás causas de forza maior con motivo do COVID-19 e se non o fai, é porque entre as súas prioridades desde logo non parece que estea preocuparse polo seu persoaL e a situación en que quedan comparativamente coas doutras empresas que ante esta situación tan grave, optaron por esta medida que mellora substancialmente as condicións que sufrirán por culpa do COVID-19.
Calendario Laboral 2024. Publicado en el BOE
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
El Tribunal Supremo afirma que los permisos retribuidos se conceden para su disfrute en días laborables
Real Decreto-Ley Trabajo a Distancia. Preguntas y dudas frecuentes
UNI GLOBAL: Principios fundamentales para garantizar los derechos en el trabajo a distancia
Las personas fijas discontinuas por fin podrán acceder al subsidio para mayores de 52 años