Archivado en Medio ambiente, Convocatorias

29 DE NOVEMBRO. Mobilizacións ante o Cumio de Nacións Unidas sobre o cambio climático

Dende a Federación de Servizos apoiamos as diversas mobilizacións e actos que se convoquen en toda Galicia en apoio das medidas contra o cambio climático e por un novo modelo produtivo que nos leve a unha economía verde e sostible.
É necesario un cambio de modelo productivo e enerxético que impulse o desenvolvemento das enerxías renovables, a mobilidade sostible, a rehabilitación enerxética de edificios, a reciclaxe de refugallo, sistemas de retorno de envases ou aforro e a eficiencia enerxética.


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

París albergará a reunión sobre o clima e o futuro do planeta que debe servir para acelerar a transición cara a unha economía verde e un modelo enerxético renovable.
 
O movemento cidadán e sindical ten convocadas miles de mobilizacións en numerosas cidades e lugares do planeta para lles esixir aos líderes mundiais un acordo ambicioso e vinculante que evite as consecuencias devastadoras do cambio climático. Un cambio climático que prexudica as persoas, os ecosistemas e as economías; ten consecuencias xa na saúde da poboación e acelera a destrución da biodiversidade, que comeza a afectar económica e socialmente a todo o planeta.

O cambio climático é tamén una cuestión sindical. Sharan Burrow, secretaria xeral da Confederación Sindical Internacional (CSI), adoita repetir que "non haberá empregos nun planeta morto"  que "a transformación industrial é fundamental para acadar un futuro sen emisións de carbono e sabemos que non pode levarse a cabo sen un diálogo cos traballadores e as traballadoras nos lugares de traballo e no marco dos plans nacionaies para as nosas economías e industrias".

O movemento sindical pide que se inclúa o compromiso de lles garantir aos traballadores e traballadoras unha transición xusta ao novo modelo produtivo. Necesitamos que as medidas para a transformación industrial e enerxética aseguren o emprego e as condicións de vida da clase traballadora.

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es